Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este mércores remata na Guarda o -Outono en Violeta-

Dende a Asociación de Mulleres Progresistas de A Guarda estamos convencidas de que este -docuforum- será un potente medio de comunicación

Dende a Asociación de Mulleres Progresistas de A Guarda estamos convencidas de que este -docuforum- será un potente medio de comunicación

Fecha: 10 de Diciembre de 2018

Fuente: Mulleres Progresistas

Docuforum sobre igualdade: Outono en Violeta

Por "docuforum" entendemos os comentarios que xorden dentro dun grupo de persoas despois de visionar xuntos/as un documental. Etimoloxicamente foro (forum) significa praza pública e con esta palabra trátase de recalcar que os/as asistentes ao docuforum deberían asemellarse aos/as que antigamente acudían as grandes reunións celebradas nas prazas e nas que se participaba dun xeito áxil e non demasiado sistemático.
A través deste ciclo de foros búscase favorecer a reflexión do público asistente en torno aos temas que se farán obxecto de deliberación e que neste caso estarán estreitamente relacionados coa igualdade de xénero.
Dende a Asociación de Mulleres Progresistas de A Guarda estamos convencidas de que este "docuforum" será un potente medio de comunicación que funcionará como un axente de coñecemento social transmitindo con nitidez as desigualdades de xénero que existen a día de hoxe e analizando tamén o futuro da igualdade.

O docuforum "Outono en violeta" pretende ser un espazo no que as persoas podan compartir as súas vivencias e opinións ao redor de temas de actualidade en relación á igualdade de xénero. Estes temas serían:
1. O machismo que non se ve (16/11/18)
2. E a igualdade...¿para cando? (30/11/18)
3. Supermulleres do século XXI (12/12/18)

As distintas sesións deste ciclo terán lugar seguindo o seguinte esquema:
- Presentación do tema que servirá de fío condutor durante a sesión.
- Proxección do documental (duración aproximada de 45 min.)
- Apertura do coloquio ou "forum" sobre o documental. Aproveitarase para abrir debate sobre outros temas estreitamente relacionadas coa temática do vídeo.
- Exposición de conclusións finais as que se chegou a través da actividade de debate desenvolta durante o coloquio.

As sesións estarán guiadas por Mª Dolores Ruiz Gestoso que posúe ampla formación e experiencia en investigación en materia de xénero, que asumirá o papel de coordinadora. As súas funcións serán:
- Presentación do tema a tratar na sesión e do documental.
- Motivar a reflexión das/as asistentes mediante preguntas que levará preparadas e potenciando outras preguntas que poidan xurdir no grupo.
- Facer un resumo das conclusións finais.

A continuación pasamos a describir como se desenvolverá cada unha das actividades do Docuforum:


1ª sesión
- Temática: O machismo que non se ve
- Duración: 2 horas e media.
- Documental a proxectar: "El machismo que no se ve".
Reportaxe producido integramente por TVE que trata de dar visibilidade ao machismo que, aínda que camuflado, segue presente na nosa cultura, nos medios de comunicación ou nas relacións familiares, laborais e sociais. As estatísticas oficiais din que un 12,5% das mulleres maiores de 16 anos sofre violencia física ou sexual. E que unha de cada catro adolescentes padece violencia psicolóxica.
O documental cuestiona por que unha boa parte dos/as adolescentes e xoves que creceron na igualdade de dereitos para homes e mulleres non identifica as condutas machistas e segue a reproducir os roles típicos asociados ao seu xénero.
- Coloquio: A través da posta en común das opinións do público asistente con respecto aos contidos tratados no documental trataremos de reflexionar sobre o machismo do século XXI, un machismo que segue firmemente apoiado nos estereotipos sexistas, na división sexual do traballo ou no mito do amor romántico.


2ª sesión:
- Temática: E a igualdade...¿para cando?
- Duración: 2 horas e media
- Documental a proxectar: "Lavado de Cerebro: la Paradoja de la Ecualidad de Género"
O documental realizado polo periodista noruego Harald Eia analiza as desigualdades de xénero que existen en Noruega a pesares de ser considerado un dos países nos que existe maior igualdade de oportunidades, un feito que pasa a chamarse a "Paradoxa noruega da igualdade de xénero". Céntrase sobre todo en aspectos como son a elección de itinerarios formativos diferenciados por parte de mulleres e homes intentando buscar unha explicación na bioloxía ou na influencia dos estereotipos de xénero.
- Coloquio: Favorecerase o debate sobre cales poden ser as bases desas diferencias apostando en todo o momento por que o camiño cara a igualdade non está en demostrar que os cerebros de homes e mulleres sexan biolóxicamente iguais ou diferentes, ou conseguir unha total paridade en todas as profesións, senón en que as oportunidades para uns e outros sexan as mesmas elixan a profesión que elixan (mesma remuneración, mesmas responsabilidades, mesmas opcións de promoción e mesmo nivel de esixencia para uns e outras).


3ª sesión:
- Temática: Supermulleres do século XXI
- Duración: 2 horas e media.
- Documental a proxectar: "Nunca fuimos superwoman".
Dirixido pola periodista Paula Romero, este proxecto levado a cabo a través dunha campaña de micromecenazgo, repasa a memoria vivencial de 5 mulleres dende o final da dictadura ata a actualidade e presenta como telón de fondo a pregunta ¿son as mulleres superwoman?.
- Coloquio: A través deste coloquio analizaremos o mito da "supermuller" (aquela que debe ter formación, promocionar no traballo, coidar a súa familia, ser a esposa perfecta e ademais ser e estar sempre bela).

COMO SE ATENDE ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
- Algúns dos documentais proxectaranse en versión orixinal subtitulada, no caso de estar dobrados ao castelán engadiranse subtítulos para favorecer a participación de persoas con dificultades de audición.
- Unha persoa da organización encargarase de acompañar e facilitar o acceso e ubicación preferente das persoas que presenten algún tipo de discapacidade, se así o precisan.
- A celebración das sesións terá lugar en instalacións accesibles nas que as persoas con mobilidade reducida poderán desprazarse sen problemas.


1ª sesión: Docuforum "O machismo que non se ve" A Guarda

2ª sesión: Docuforum: "E a igualdade...¿para cando?" A Guarda

3ª sesión: Docuforum "Supermulleres do século XXI" A Guarda

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones