Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este venres inaugúrase na Guarda a Exposición de Pinturas -Músicas da Terra-

O venres 23 de novembro ás 19:30h a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acollerá a inauguración da Exposición de Pintura Músicas da Terra do artista pontevedrés Álvaro Novegil Alvarellos.

O venres 23 de novembro ás 19:30h a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acollerá a inauguración da Exposición de Pintura Músicas da Terra do artista pontevedrés Álvaro Novegil Alvarellos.

Fecha: 23 de Noviembre de 2018

Fuente: Concello da Guarda

O venres 23 de novembro ás 19:30h a Sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acollerá a inauguración da Exposición de Pintura "Músicas da Terra" do artista pontevedrés Álvaro Novegil "Alvarellos".

No acto de inauguración contarase coa presenza da Concelleira de Cultura, Elena Baz, do artista, Álvaro Novegil e do Zanfonista e luthier, Carlos do Viso.

Esta exposición recolle unha obra plástica de Alvaro Novegil, un artista de formación autodidacta que se inspirou nos pintores galegos expresionistas -contemporáneos e do século pasado-.

Alvarellos plasma na súa obra, a forza das súas cores en fusión coas melodías que interpreta coa súa gaita. Amante da nosa música, gaiteiro e investigador folclorista no eido do toque pechado das Rías Baixas, imprime nos seus cuadros a elegancia e o señorío dos nosos bailes e a ledicia melódica da nosa música tradicional, Música da Terra.

A exposición de "Músicas da Terra" ven a amosar na Guarda unha homenaxe a os Gaiteiros, tanto nas súas formacións máis tradicionais -cuartetos- como tamén solistas ou tríos. Fai unha homenaxe aos gaiteiros de principios do século XIX -Perfecto Feijoo, Xoán Tilve, Manuel Villanueva- con esas gaitas tumbales e bordón de chión, temperando con xeito tradicional.

Merece un especial apartado tamén, os zanfonistas, tomando ese instrumento, gran descoñecido na Nosa música dende a idade media: A Zanfona. En "Músicas da Terra" se representan varias obras adicadas aos zanfonistas, algunha delas con tintes de abstracción.


Complementará a mostra o día 30 de novembro no Centro Cultural ás 19:30h. unha interesante charla sobre "O toque pechado na gaita en Pontevedra", a cargo do gaiteiro, músico e artista Oscar Ibáñez, que dará paso tamén ao Mestre de Percusión Andrés Vilán, que presentará o seu libro "Método de Tambor Galego".


A inauguración da Exposición, o día 23, estará acompañada como artista convidado Carlos do Viso, mestre zanfonista e recoñecido Luthier, que a ben seguro fará as ledicias dos asistentes coa súa zanfona e as súas melodias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones