Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este venres primeira Barferencia do 2019 na Guarda

Esta é a terceira Barferencia do ciclo 2018-19 e terá lugar o venres 11 ás 20:30h no Bodegón Os Seixiños da Gándara

Esta é a terceira Barferencia do ciclo 2018-19 e terá lugar ás 20:30h no Bodegón Os Seixiños da Gándara

Fecha: 11 de Enero de 2019

Fuente: Concello da Guarda

Este venres día 11 de xaneiro de 2019 terá lugar a primeira Barferencia do ano na Guarda, en concreto falarase sobre a «Historia da Fábrica das Cachadas», a cargo do historiador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe.

Esta é a terceira Barferencia do ciclo 2018-19 e terá lugar ás 20:30h no Bodegón Os Seixiños da Gándara, onde se poderá coñecer un pouco máis sobre a historia desta empresa e do traballo alí realizado dende os seus comezos ata a actualidade.

No lugar das Cachadas hai referencias a distintas telleiras, entre elas a telleira de Lomba, documentada xa en 1808. Tempo despois a fábrica orienta a súa produción cara a fabricación de materiais refractarios destinados á industria química e eléctrica. A calidade dos produtos elaborados mereceu distintos recoñecementos rexionais, nacionais e internacionais.

O 7 de agosto de 1954 rematou a construción da cheminea das Cachadas. A base cadrada realizárona albaneis da localidade mentres que para o resto contratouse a Cabo de Salceda quen cobrou polos traballos 68.910,10 pts. Na súa construción, que acada os 60 metros de altura, empregáronse 44.036 ladrillos elaborados na propia fábrica cun peso de 140.130 kg.

As Barferencias continuarán o 1 de febreiro no bar O Couto de Camposancos, cunha charla sobre o «Barrio de Mergelina, un modelo de restauración arqueolóxica» a cargo de Luis Francisco López González e o 15 de marzo na Cafetería Marbella cunha charla sobre «Castelo de Santa Cruz: 350 anos do fin da Guerra da Restauración na Guarda, a cargo de Rebeca Blanco Rotea.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones