Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este venres Tui acolle -Nacidas Libres-

Venres ás 21.30h no Teatro Municipal de Tui

A obra foi escrita por Cándido Pazó e está dirixida por Cristina Domínguez

Fecha: 17 de Noviembre de 2017

Fuente: Concello de Tui

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres, 17 de novembro, ás 21.30h a Contraproducións de Vedra coa obra "Nacidas libres".

A muller é a gran protagonista nesta obra teatral escrita por Cándido Pazó na que as protagonistas son catro actrices en paro que deciden autoempregarse, para non desaparecer da escena, montando unha peza. Non atopan textos para catro mulleres polo que deciden encargarlle a obra a unha xove escritora emigrada dándolle coma punto de partida a nova aparecida nos xornais do recate de tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento clausura en Santiago.  Con esa inspiración argallan un espectáculo en múltiples planos nos que, con frescura, dinamismo, emoción, humor, reflexionan dende unha perspectiva de xénero sobre a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración... O resultado é un espectáculo para pensar, desfrutar, emocionarse e divertirse.

As actrices Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Camaño, conforman o elenco deste espectáculo no que dan vida a unha ducia de personaxes, baixo a dirección de Cristina Domínguez. 

Contraproducións dedícase á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, autor e director teatral, e Belén Pichel, xefa de produción.

Ás entradas para "Nacidas Libres" están á venda en www.culturatui.info até mañá venres ás 12h ou mañá dende ás 20h no despacho de billetes aos prezos de 6€ e 4,5€.

Contraproducións con "Nacidas libres"

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Venres, 17 de novembro, ás 21.30h

Entradas: Á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones