Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Ethel Vázquez salienta que o PP é o único partido que garante o remate da VAP Tui-A Guarda e anuncia a redacción do proxecto do treito entre Areas e a PO-350, no Concello de Tomiño

Ethel Vázquez revela que a Xunta tamén está a traballar na definición do trazado dos ramais que completarán o enlace cara Tomiño, que precisan de expropiacións e que se tramitan de xeito separado ao outro treito co obxectivo de axilizar ao máximo posible

Ethel Vázquez revela que a Xunta tamén está a traballar na definición do trazado dos ramais que completarán o enlace cara Tomiño, que precisan de expropiacións e que se tramitan de xeito separado ao outro treito co obxectivo de axilizar ao máximo posible

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Febrero de 2024

Fuente: PP Pontevedra

A candidata do PP pola provincia da Coruña e conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, desprazáronse hoxe ata Tomiño para, xunto á voceira municipal, Lara Meneses, defender que só co Partido Popular está garantido o remate da Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Guarda, que beneficiará nun alto grao a mobilidade entre os cinco concellos e os desprazamentos dos seus 50.000 veciños.

 

Ethel Vázquez explicou que a Xunta está a piques de rematar un novo treito desta autovía, o correspondente coa conexión entre os ramais da A-55 e o novo enlace de Areas, xa que tres destes catro viais xa están servizo e o restante farao en poucas semanas tras un investimento de 30 millóns de euros.

 

Ademais, a candidata coruñesa revelou que xa se está a traballar “con intensidade” nos demais treitos e anunciou que se iniciou a redacción do proxecto construtivo de prolongación da autovía entre Areas e a estrada autonómica PO-350 en Tomiño, que contará cunha estrutura de grandes dimensións para dispoñer dun paso superior sobre a vía de titularidade rexional.

 

 

“En contra do que quere facer crer o BNG, ademais de definir tecnicamente o proxecto da autovía entre Areas e a PO-350, tamén duplicaremos o paso inferior de acceso ao polígono, de modo que dea funcionalidade a un enlace completo, tamén en sentido A Guarda.”, detallou a conselleira.

 

Ethel Vázquez concretou tamén que o Goberno galego está a traballar en paralelo no proxecto de trazado cos ramais que completarán o enlace cara Tomiño, unha intervención que precisará de expropiacións e que motiva que os treitos se tramiten de forma separada para axilizar as obras.

 

A conselleira, que indicou que os orzamentos da Xunta reservan 1,5 millóns de euros este ano para iniciar a actuación e un total de 50 millóns en partidas plurianuais, lembrou tamén que os executivos autonómicos do PP puxeron en marcha 220 quilómetros de autovías libres de peaxe en toda Galicia, entre os que se atopan o primeiro treito da VAP do Baixo Miño, que se corresponde cos 10 quilómetros entre Goián e A Guarda e que comezou a funcionar no ano 2014, malia a crise económica, grazas a un investimento de 60 millóns de euros.

 

Pola súa banda, Luis López, que agradeceu a visita da candidata e a implicación de Alfonso Rueda e da propia conselleira con esta actuación, lamentou que, ante unha obra de gran complexidade técnica, “atopémonos co BNG de sempre, o da obstrucción e o do non, que se limita a poñer atrancos, en moitos casos desde os concellos nos que goberna no sur da provincia, a pedir tramitacións longas e solucións técnicas imposibles que dan a entender que non queren que se faga esta autovía ou, alomenos, que non a faga unha Xunta do PP, malia que iso prexudique enormemente aos 50.000 veciños do Baixo Miño”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí