Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ÉXITO DA XORNADA DE PORTAS ABERTAS DA PRAZA DE ABASTOS GUARDESA

O xoves, 10 de decembro, celebrouse na Praza de Abastos da Guarda unha xornada de portas abertas para mostrar aos veciños e veciñas da vila as reformas feitas nestas instalacións.

O xoves, 10 de decembro, celebrouse na Praza de Abastos da Guarda unha xornada de portas abertas para mostrar aos veciños e veciñas da vila as reformas feitas nestas instalacións.

Fecha: 12 de Diciembre de 2015

Fuente: Concello de A Guarda

O xoves, 10 de decembro, celebrouse na Praza de Abastos da Guarda unha xornada de portas abertas para mostrar aos veciños e veciñas da vila as reformas feitas nestas instalacións.

As actividades comezaron ás 10,30 horas, momento no que o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Comercio, Montserrat Magallanes, deron a benvida aos presentes e participantes nas charlas. O alcalde guardés quixo enaltecer o espírito da praza de abastos da vila eloxiando a calidade e a variedade dos produtos que nela se ofrecen.

Antonio Lomba presentou a Delmiro Hermida, coordinador da Federación de mercados de Vigo e xerente do mercado das Travesas, quen foi o encargado de impartir a charla sobre emprendedores.
Hermida, contoulle aos presentes que ademais de ser importante o que vender nunha praza, o máis importante é o como. Falou das posibilidades da praza, posibilidades de postos e as tendencias que poderían funcionar neste espazo.

Os participantes estiveron moi atentos e mostráronse moi interesados nos postos baleiros da praza. Sobre este tema Montserrat Magallanes informou que nos próximos meses sairían a poxa .

Ás 11 horas, Patricia Martínez, cociñeira profesional, impartiu unha charla sobre nutrición. Patricia falou de dieta saudable salientando a importancia de incorporar os cinco grupos de alimentos. Así, a cociñeira, aconsellou aos presentes facer as cinco comidas ó día e, ó menos, comer tres pezas de froita cada xornada.
Tras a charla, a cociñeira acompañada dos presentes na charla pasearon pola praza recoñecendo todos os produtos que alí están a venda. Falaron das diferentes especies de peixes pero tamén das diferenzas entre, por exemplo, a carne de vaca, de porco ou de coello.


Despois do percorrido comezou a degustación de diferentes canapés elaborados por Patricia Martínez. Os usuarios da praza e tamén vendedores puideron probar, por exemplo, unha crema de cabaza con xamón, tostas de tomate con aguacate ou atún vermello rebozado con sésamo.

Esta xornada de portas abertas foi un éxito de xente e todos os participantes mostráronse moi activos e agradados por as charlas impartidas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí