Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ÉXITO DE CONVOCATORIA DE -NOITES NO CASTELO- QUE REUNIU ARREDOR DE SETECENTAS PERSOAS

A Concelleira de Cultura, Elena Baz, debido a cantidade de xente que acudiu ó Castelo de Santa Cruz , apostou por repetir o evento en vindeiros anos

A Concelleira de Cultura, Elena Baz, debido a cantidade de xente que acudiu ó Castelo de Santa Cruz , apostou por repetir o evento en vindeiros anos

Fecha: 15 de Septiembre de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O evento có que o Concello da Guarda decidiu pechar as actividades de verán, "Noites no Castelo" reuniu arredor de setecentas persoas nas inmediacións do Castelo de Santa Cruz. Esta actividade estivo promovida tanto pola Concellería de Cultura, coma pola de Turismo e a de Patrimonio.

Esta velada, na que estaba programada a proxección da película galega "A Esmorga", un coloquio con un dos actores protagonistas do filme, Antonio Durán "Morris" e o director da película, Ignacio Vilar, e o concerto de "A Roda", foi un "verdadeiro éxito", tal e como o definiu a Concelleira de Cultura, Elena Baz.

O evento comezaba pasadas ás 20,30 horas, momento na que xa tódalas cadeiras estaban cheas e moitos dos veciños e veciñas decidiron buscar un oco polo céspede do Castelo. O evento comezaba da man de Morris e Vilar, que quixeron presentar o filme e, de paso, recalcar que esta proxección era unha das más multitudinarias que fixeran polo que estaban "impresionados".

Tras as súas verbas comezou o filme. Durante case dúas horas no Castelo de Santa Cruz tan só se escoitaban as voces de O Cibrán, O Bocas e Milhomes. Os centenares de espectadores uníronse nun gran aplauso cando comezaron os títulos de crédito.

De novo Morris e Vilar, acompañados da Concelleira de Cultura. Elena Baz, saíron a palestra para abrir un coloquio tras a visualización do filme. Algúns dos espectadores quixeron facer preguntas como se a chuvia era real ou como Karra Elejalde, actor vasco que da vida a O Bocas, falaba en galego. Os protagonistas contestaron a todas as dúbidas e comentaron que, ademais de haber chuvia ourensá verdadeira, tamén tiveran axuda dos bombeiros.

Despois de recibir un agasallo de parte do Concello, Morris e Vilar despedíronse do público, agradecendo, unha vez máis a gran acollida que o filme tivera na Guarda.


Ós poucos minutos comezaron os primeiros acordes das cancións de "A Roda". Este grupo, con moitas décadas de traxectoria, fixeron cantar, bailar e saltar ó público que estaba moi animado. Con cancións populares e outras do seu novo disco, "Outra volta de Roda", o conxunto alongou a velada ata pasadas a unha da madrugada.

Despois do bis e de despedirse do público, a Concelleira de Cultura, tamén quixo ter un detalle co grupo e entregoulles un agasallo de parte do Concello.

Co directo de "A Roda" pechouse unha velada que, tal coma dixo Elena Baz, foi "espectacular". Debido a gran convocatoria de xente e o ben que resultou esta programación, a Concelleira non dubidou en anunciar ante os veciños e veciñas da Guarda, que traballarán para que os vindeiros anos poidan repetirse as "Noites no Castelo".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones