Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Éxito de participación nas visitas teatralizadas polo casco histórico da Guarda

Máis de medio centenar de persoas por cada unha das 7 visitas realizadas polo casco histórico da Guarda entre os meses de xullo e agosto.

Máis de medio centenar de persoas por cada unha das 7 visitas realizadas polo casco histórico da Guarda entre os meses de xullo e agosto.

Fecha: 01 de Septiembre de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Calendario de visitas teatralizadas polo casco histórico da Guarda finalizou este xoves congregando a máis de medio centenar de persoas por cada unha das 7 visitas realizadas polo casco histórico da Guarda entre os meses de xullo e agosto.

Esta actividade na que se mistura o contido histórico, a amenización musical e o bo facer dos Quinquilláns, participaron tanto locais coma visitantes desta tempada estival, integrándose e participando activamente na actividade, dun xeito moi divertido e ameno.

Baixo o concepto "De alén mar para A Guarda" e enmarcado nas conmemoracións do 100º aniversario da creación da xunta organizadora para a construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, as visitas teatralizadas deste verán tomaron coma fonte o libro "Hospital Casa-Asilo de A Guarda(1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico", obra do historiador local Joaquin Miguel Villa Álvarez.

Esta actividade amosou á cidadanía a nosa historia e patrimonio dun xeito ameno e diferente, conxugando a técnica teatral coa divulgación do noso pasado, involucrando aos participantes e facéndoos partícipes deste espectáculo. As visitas, realizadas pola compañía Os Quinquilláns, percorreron o centro histórico, dende a Praza do Reló, e seguindo pola rúa Colón, rúa Baixo Muro, rúa José María Lomba Peña, rúa Malteses, para finalizar no Porto da Guarda, congregando en total a máis de 500 participantes.

Os actores protagonistas, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, deron vida a dous personaxes influentes da Guarda de 1918. Nese momento, coincidindo coa toma de decisión da construción do Hospital Casa-Asilo da Guarda, actual edificio que alberga hoxe en día as instalacións do Centro Cultural na Rúa Rosalía de Castro do municipio.

A través deste fío condutor, a compañía fixo unha intensa labor de contar como foi o proceso da creación desta xunta organizadora en Puerto Rico. Pero por se isto fora pouco, o espectáculo agochou sorpresas musicais, que variaron cada xoves, participando os grupos Tremelique, Vento Mareiro, Do Lusco ó Fusco, Coiro Vello, Coro Fuscalheiro, Dani Vilanova e Na Revolta, así como recital de poemas a cargo de Julia Sobrino e Maruxo.

Esta actividade estivo subvencionada pola Deputación de Pontevedra, a través do Plan Concellos.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones