Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS - MULLERES NA HISTORIA NO ROSAL

Buscamos fotografías de mulleres no mundo agrario, o mar, telleiras, negocios ou calquera outra profesión, entre vos anos 40 e 80.

Buscamos fotografías de mulleres no mundo agrario, o mar, telleiras, negocios ou calquera outra profesión, entre vos anos 40 e 80.

Fecha: 22 de Febrero de 2016

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello do Rosal quere organizar unha EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS, testemuño gráfico de mulleres do noso pobo. Unha aposta pola visibilización das mulleres do Rosal.

O obxectivo é visibilizar o papel das mulleres no medio rural, pondo en valor a súa contribución ó desenvolvemento económico, social e cultural da nosa historia.


Buscamos fotografías de mulleres no mundo agrario, o mar, telleiras, negocios ou calquera outra profesión, entre vos anos 40 e 80.


Queremos pedir a todos e todas as persoas do Rosal, que nos acheguedes fotografías antigas que fagan alusión ó traballo da muller, tanto no ámbito doméstico como fora do fogar, nos diferentes sectores nos que estea presente.


Con estas fotografías organizaremos unha exposición con motivo do Día Internacional da Muller o 8 de marzo. A exposición será inaugurada uns días antes e estará aberta ó público durante todo o mes.


Queremos facer un chamamento a toda a poboación para que participe nesta actividade. Estamos seguros de que en cada casa consérvanse eses tesouros que son os nosos recordos, que reflexan fielmente a vida das nosas nais, avoas e en definitiva o noso pasado.


As fotografías poderán entregarse no mostrador do concello en horario de mañá, na biblioteca municipal en horario de tarde ou poderán ser enviadas ó correo electrónico educacionfamiliar@concellodorosal.es .


Nos puntos de recollida encherase unha ficha na que figurará: data de entrega das fotografías, datos persoais de quen as entrega (nome, enderezo e teléfono de contacto), a relación detallada das fotografías cun pequeno texto que permita a localización, datas aproximadas e comprensión da mesma.


Esta actividade non é un concurso, polo que as fotos non compiten, e todas serán benvidas. No caso de que o número de fotografías exceda a capacidade do recinto de exposicións farase unha selección en base á antigüidade das mesmas.


O prazo de presentación termina o 22 de febreiro de 2016.


As persoas que participan nesta actividade, coa súa achega están a autorizar a publicación das fotografías nos medios empregados para esta exposición. Cada fotografía será reproducida, quedando o concello cunha copia e devolverase a orixinal á persoa propietaria nun prazo máximo de dúas semanas.


Esperamos que coa exposición fagamos unha homenaxe a todas as persoas que aparecen nas fotografías, xa que co seu traballo e empeño colaboraron na historia recente do Rosal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones