Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Exposición -Dereitos humanos e diversidade afectivo-sexual e de xéneros- na Guarda

Esta exposición, é a posta de longo do Colectivo de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais, queer, e demais xénero da zona Trans Miño

Esta exposición, é a posta de longo do Colectivo de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais, queer, e demais xénero da zona Trans Miño

Fecha: 30 de Noviembre de 2019

Fuente: ASCD TRANS MIÑO

Coa organización por parte do Colectivo LGTBIQ+ Trans Miño e coa colaboración de Amnistía Internacional e a Federación Andaluza ARCO IRIS, e o Concello da Guarda propoñen a partir do día 4 de decembro a exposición "Dereitos Humanos e Diversidade Afectivo-Sexual e de Xéneros".
Esta exposición, é a posta de longo do Colectivo de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, intersexuais, queer, e demais xénero da zona Trans Miño (a zona do río Miño, en ambas as beiras, tanto por a beira galega como portuguesa)
Este recurso didáctico ten como obxectivo mostrar con claridade que os dereitos de Lesbianas Lesbianas, Gais, Bisexuais, Transexuais, Intersexuales, Queer son Dereitos Humanos.
Para iso imaxes e os textos desta exposición viran ao redor dos 12 meses do ano e aos 30 artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Ademais, facilitan á súa vez 12 efemérides vinculadas como o movemento LGTBIQ+ e información sobre a situación dos dereitos humanos do colectivo LGTBIQ+ en 12 países de diferentes continentes.
Os 16 paneis desta exposición foron deseñados para poder ser exhibidos en calquera lugar público, desde colexios e institutos a centros de saúde, sociais ou culturais. A exposición contén propostas didácticas e vén acompañada de 2 cuestionarios didácticos que facilitan a reflexión e a toma de consciencia sobre a homofobia, a bifobia e a transfobia.

HISTORIA DA EXPOSICIÓN

As 16 fotografías dos paneis foron seleccionadas por activistas de Amnistía Internacional e Arco Iris de entre as realizadas por alumnos do IES Politécnico "Jesús de Marín" de Málaga no marco do seu Plan de Igualdade.

Os datos sobre países e a situación dos dereitos humanos da poboación LGBTI foron achegados polo Equipo de Diversidade Afectivo-Sexual da Sección Española de Amnistía Internacional
12 EFEMÉRIDES
Cada panel mostra unha efeméride e propón películas, curtametraxes, documentais, talleres, dinámicas, cancións, poemas e mesmo páxinas webs para a súa utilización na aula contorna a estas datas emblemáticas:
27 de Xaneiro - día da Memoria das Vítimas do Holocausto
14 de Febreiro - día de San Valentín
8 de Marzo - día dos Dereitos das Mulleres
23 de Abril - día do Libro
17 de Maio - día contra a Homofobia e a Transfobia
28 de Xuño - día polos Dereitos das persoas LGBTIQ+
3 de Julio - aniversario do Matrimonio Igualitario
31 de Agosto - día da Solidariedade

10 de Setembro - día para a Prevención do Suicidio 11 de Outubro - día para Saír do Armario 16 de Novembro - día para a Tolerancia
10 de Decembro - día dos Dereitos Humanos

12 PAÍSES
En conexión coas anteriores datas os paneis poñen o foco en 12 países para mostrar datos históricos e casos reais de persoas concretas cuxos dereitos humanos foron vulnerados: Alemaña, Arxentina, Buldaria, Camerún, España, Estados Unidos, Grecia, Inglaterra, Irán, Italia, Rusia Sudáfrica.

12 DEREITOS HUMANOS:
Do 30 artigo da Declaración Universal dos Dereitos Humanos nesta exposición expomos situacións relacionadas con 12 deles son
artigo 1: somos libres e iguais
artigo 2: dereito a non sufrir discriminación
artigo 3: dereito á vida
artigo 5: a non sufrir tortura
artigo 7: á igualdade ante a lei
artigo 8: á xustiza
artigo 9: a non sufrir detencións arbitrarias
artigo 12: á intimidade
artigo 14: ao asilo
artigo 16: á familia e ao matrimonio
artigo 20: a asociarse
artigo 26: á educación

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones