Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Exposición -Mulleres galegas na historia- no Centro Cultural da Guarda

Ata o día 30 de xuño en horario de 9 a 14 horas na sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda

Ata o día 30 de xuño en horario de 9 a 14 horas na sala de Exposicións do Centro Cultural da Guarda

Etiquetas del contenido

Fecha: 21 de Junio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A Sala I de Exposicións do Centro Cultural da Guarda acolle, ata o día 30 de xuño, a mostra "Mulleres Galegas na Historia", que pode ser visitada en horario de 9 a 14 horas.

Trátase dunha exposición na que se poderán ver imaxes e coñecer máis da biografía dalgunhas das mulleres máis importantes e singulares que marcaron a historia do noso país.

Entre as presentes nesta exposición atópanse 17 das mulleres máis destacadas en diferentes ámbitos, como a cultura ou a política, ao longo da historia de Galicia. Por resaltar algúns nomes, entre as biografías homenaxeadas están presentes figuras tan coñecidas como a poetisa Rosalía de Castro, escritora de "Cantares Galegos" e "Follas Novas", dúas das obras cumbre da literatura galega; María Pita, heroína coruñesa que se fixo célebre pola súa participación na defensa da cidade fronte a unha flota inglesa comandada por Drake en maio de 1589; a destacada avogada e feminista do século XIX Concepción Arenal ou a icona da belle époque europea La Bella Otero.

Tamén están presentes na exposición figuras menos coñecidas pero igualmente salientables como a soldadeira medieval e muller transgresora María Balteira; a mestra pioneira Ernestina Otero; Julia Minguillón, única muller que obtivo a primeira medalla de Primeira Clase nunha Exposición Nacional de Belas Artes; María Castaña, de quen se di que encabezou unha revolta contra o señor feudal, frei Pedro López Aguiar, no século XIV ou a autora do primeiro texto moderno feminista, Emilia Pardo Bazán. A lista continúa cos nomes de Inés de Castro, María Soliña, Maruja Mallo, Xela Arias, Enriqueta Otero, María Casares, María Antonia Dans e Filomena Dato, todas elas pezas fundamentais da nosa historia.

Dende O concello da Guarda convídase a todos os guardeses, as guardesas e visitantes doutras vilas que queiran achegarse a que non deixen pasar a oportunidade de coñecer un pouco máis da nosa historia da man dalgunhas das mulleres que axudaron a escribila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí