Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Feijóo destaca o labor das Asociacións de Redeiras para impulsar a igualdade

Gaba a actividade desenvolvida para dar a coñecer o traballo deste colectivo a través da elaboración de produtos de artesanía co material empregado nesta profesión

Resalta o esforzo e a perseveranza para manter viva unha profesión senlleira do noso mar, que proba que a muller mariñeira é parte integrante e relevante da industria pesqueira.

Fecha: 09 de Enero de 2018

Fuente: Xunta de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o labor das asociacións de redeiras para impulsar a igualdade a través do seu compromiso coa identidade cultural e patrimonial de Galicia.

Así, durante unha xuntanza coas tres asociacións que participaron no proxecto Enredadas, grazas ao cal a Xunta foi premiada na última edición dos Premios Nacionais de Artesanía, Feijóo gabou a actividade desenvolvida para dar a coñecer entre a poboación o traballo das redeiras a través da elaboración de produtos de artesanía co material empregado nesta profesión.

Feijóo aproveitou o encontro para agradecer o esforzo e a perseveranza para manter viva unha profesión senlleira do noso mar, que proba que a muller mariñeira é parte integrante e relevante da industria pesqueira: a muller mariñeira como emprendedora económica, que traballa para dar visibilidade a súa labor diaria; e a muller mariñeira como emprendedora social, que loita para garantir o relevo profesional no mundo marítimo e favorecer a igualdade de oportunidades profesionais.

Enredadas. Cultura e oficio das redeiras naceu en 2012 co obxectivo de impulsar a diversificación da actividade das redeiras galegas, fortalecendo a súa formación e favorecendo a creación de novos produtos en colaboración con outros sectores, como o deseño, a moda, a bixutería ou os complementos, ao tempo que se preservan os valores que constitúen a esencia dos produtos artesanais, como son a calidade dos materiais e un coidado proceso de selección.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones