Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Festival de música e baile para festexar o Día das Letras Galegas na Guarda

O mércores 17 ás 19.00 horas, asociacións e grupos folclóricos locales únense para lembrar a figura de Francisco Fernández del Riego

O mércores 17 ás 19.00 horas, asociacións e grupos folclóricos locales únense para lembrar a figura de Francisco Fernández del Riego

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Mayo de 2023

Fuente: Concello da Guarda

O mércores 17 de maio ás 19.00 horas no Auditorio de San Benito celebrarase na Guarda o tradicional Festival de música e baile polo Día das Letras Galegas, no que as diferentes asociacións da Guarda renderán tributo ao autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego.

Contará coa presenza da Agrupación Cultural Guardesa, que abrirá o acto lembrando a figura de Fernández del Riego a través dunha reseña sobre a súa vida adicada a difusión das nosas letras e a nosa lingua.

A continuación intervirán os diferentes grupos de música e baile tradicional, coma o Grupo de gaitas da Terceira Idade, o Grupo de Baile Xamaraina, o Grupo de Pandereteiras Vento Mareiro, A Boalleira, Trebón dos Xidos e os grupos de baile Na ribeira do Miño (CEIP A Sangriña), Anduriñas (CEIP As Solanas) e Churumbela. Todos eles terán tamén ocasión de lembrar a memoria do autor homenaxeado a través de pequenas lecturas da súa obra.

Ademais da realización do Festival, a celebración das Letras Galegas complementarase co contacontos a cargo de Polo Correo do Vento “Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego”, organizado polo Departamento de Lingua da Deputación de Pontevedra nunha data de realización pendente de confirmar.

AXENDA

Festival do Día das Letras Galegas
LUGAR: Auditorio de San Benito
DATA: 17 de maio de 2023
HORA: 19:00 horas
ACCESO: de balde, sen inscrición previa. Para tódolos públicos
ORGANIZA: Concello da Guarda, en colaboración coas asociacións participantes

Contacontos "Un día para as Letras. Pequena biografía de Francisco Fernández del Riego"
LUGAR:  Biblioteca Municipal
DATA: Pendente de confirmación
ACCESO: de balde, ata cubrir o aforo.
ORGANIZA: Deputación de Pontevedra. Vicepresidencia

ACCESO: DE BALDE ata cubrir aforo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí