Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

FIN DE SEMANA CULTURAL NO CONCELLO DA GUARDA

Haberá unha actuación de jazz, un festival folclórico e un circo

Haberá unha actuación de jazz, un festival folclórico e un circo

Fecha: 27 de Junio de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Este fin de semana o Concello da Guarda se prepara para acoller moitas e moi diversas actividades que entreterán tanto ós veciños e veciñas da localidade, como ós múltiples visitantes que chegan a esta vila.

Este venres día 26, terá lugar a actuación da Big Band "Los Swingdomables jazz orquestra" na Praza do Reló, frente a casa do Concello. Esta gran sesión de jazz comezará as 22,30 horas e está aberta a todos ós públicos. Este concerto está organizado pola Agrupación Musical da Guarda en colaboración có Concello da Guarda.

O sábado as actividades xa comezan pola mañá, xa que se celebra o IX Aniversario da Casa de Acollida das Samaritanas da Gándara. Ás 11 horas os pasacalles recorrerán as rúas da parroquia para logo, ás 11,30 horas, dar comezo á Eucaristía. Ás 12,30 a música volverá a saír a rúa da man dun grupo de gaitas que, esta vez, estarán acompañados tamén por bailaríns. Esta actividade, organizada pola Casa de Acollida, coa colaboración do Concello, busca render homenaxe a súa labor.

Pola tarde, o Auditorio de San Bieito da Guarda, acollerá o XI Festival Luso-Galaico de Xamaraina. Nesta actividade, que está organizada polo propio grupo de baile Xamaraina e que conta coa colaboración do Concello, participan grupos chegados dende Galicia, Palencia en Castela León e Coimbra en Portugal. A actuación, aberta a todos os púlicos comezarás ás 20,30 horas. Esta é a onceava edición que se celebra este festival, polo que xa é unha cita máis que consolidada nesta vila.

Por último, o domingo, celebrarase tamén no Auditorio de San Bieito a gran gala de Circo "Ruactiva". Este espectáculo, que combina música en directo, clowns e acrobacias aéreas, comezará ás 20,30 horas. En esta gala contarán con Fran Rei como mestre de cerimonias, coa música da "Magnifique Banda dos Homes sen Medo" e coas actuacións da compañía "Peter Punk", "Circo Chosco" e "Desastronauts".


Este espectáculo, que terá unha duración de aproximadamente 100 minutos, está recomendado para todos os públicos.


Esta actividade está financiada polo Concello da Guarda en colaboración en AGADIC e a Axencia Galega de Turismo.

Con todas estas actividades, o Concello da Guarda prepara para os seus veciños e veciñas e tamén para os visitantes, un fin de semana cultural co que divertirse e entreterse.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones