Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Fin de semana de propostas diversas para todas as idades na Guarda

A Guarda recibe unha nova fin de semana do verán chea de programación cultural e deportiva para todas as idades.

A Guarda recibe unha nova fin de semana do verán chea de programación cultural e deportiva para todas as idades.

Fecha: 21 de Julio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda recibe unha nova fin de semana do verán chea de programación cultural e deportiva para todas as idades. Exposicións, exhibicións deportivas e de baile, torneo de baloncesto, concertos con Ardentía e Milladoiro, visitas guiadas ao Monte de Santa Trega ou a Festa do Avó, son algunhas das propostas para esta fin de semana na Guarda.

 

Programación por días:

Venres 20

A Sala de Exposicións da Casa dos Alonso da Guarda acolle este venres día 20 de xullo ás 21:00h a inauguración da Exposición fotográfica «Así Somos», unha mostra que recolle a través de imaxes o día a día da poboación guardesa.

Ás 21:30h o Estadio Municipal da Sangriña da Guarda acolle a II edición da Mostra C.D. Baixo Miño, un evento deportivo con entrada de balde no que se realizarán exhibicións de judo, pilates, baile moderno e zumba.

Sábado 21

Na xornada do sábado día 21 de xullo convidamos a visitar no Museo do Mar a exposición "As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" que, baixo o proxecto "Sustentabilidade en feminino", busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares, en horario 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h os sábados, domingos e festivos.

Durante a mañá do sábado convidamos tamén a visitar no Centro Cultural a Exposición "Cambia de Perspectiva" de Pablo Lubians, unha mostra de 15 fotografías aéreas capturadas cun drone e que amosan diferentes espazos do municipio cunha perspectiva fora do habitual. Horario: de 10:00h a 13:00h.

Ás 20:30h a Agrupación Musical da Guarda organiza na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos unha Mostra musical aberta a todo o público.

Este sábado día 21 de xullo de 2018, as pistas deportivas do Centro Cultural da Guarda acollen a cuarta edición do Torneo de Baloncesto de verán 3x3 Vila da Guarda. O Torneo celebrarase ao longo de toda a xornada deste sábado, e coma ven sendo habitual contarase co acompañamento musical de DJ´s, un torneo de triples para os inscritos e tamén o triple do espectador.

Este sábado día 21 de xullo a partires das 22:30h celébrase unha nova edición de Noites no Castelo, un festival organizado dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda e que está subvencionado pola Deputación de Pontevedra. Nesta cuarta edición contarase coas actuacións dos recoñecidos grupos de música Ardentía e Milladoiro, enchendo de boa música galega este emblemático espazo da vila guardesa, o Castelo de Santa Cruz, declarado Ben de Interese Cultural(BIC).

Durante a xornada do sábado realizaranse tres visitas guiadas ao Monte Santa Trega, ás 11:30h con visita ao castro(Punto de encontro Poboado Castrexo) e ás 12:30 e 17:00h con visita ao Monte(Punto de encontro Museo Arqueolóxico de Santa Trega MASAT).

 

Domingo 22

O Domingo terá lugar a carreira a pé DepoDesafío, un evento organizado pola Deputación de Pontevedra que levará aos seus participantes polas beiras do Río Miño entre Tomiño, O Rosal e A Guarda, rematando aos pés do Monte Santa Trega, alternando sendeiros con zonas asfaltadas cunha distancia media de 21km e 97m de desnivel.

Na xornada do Domingo 22 de xullo o Porto da Guarda será o escenario para unha nova edición da Festa do Avó, que terá inicio ás 17:00h e contará con actuacións musicais e homenaxe aos maiores, evento organizado polo Clube da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda en colaboración co Concello da Guarda.

Tamén na xornada do Domingo o Auditorio de San Bieito acolle ás 20:00h a actuación de Baile Talent Latino, organizada por Studio 88, baixo a dirección de Josué Álvarez e presentado por Astrid Steinbrüggen, un espectáculo de danza e baile que porá o broche final a esta fin de semana de verán na vila da Guarda.

Durante a xornada do domingo teredes unha nova oportunidade de coñecer o Monte Santa Trega con visitas guiadas, ás 11:30h con visita ao Castro(Punto de encontro Poboado Castrexo) e ás 12:30 e 17:00h con visita ao Monte(Punto de encontro Museo Arqueolóxico de Santa Trega MASAT).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí