Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

FIN DE SEMANA REPLETO DE ACTIVIDADES NA VILA DA GUARDA

Esta fin de semana son moitas e moi variadas as actividades que están programadas para os veciños e veciñas da Guarda.

Esta fin de semana son moitas e moi variadas as actividades que están programadas para os veciños e veciñas da Guarda.

Fecha: 19 de Septiembre de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Así, dende hoxe venres día 18 e ata o domingo 20, diferentes establecementos da localidade ofertarán dentro da iniciativa "Espada en Tapas", organizada por ORPAGU, o Concello da Guarda e os locais adheridos, unha tapa de peixe espada gratuíta coas súas consumicións. Esta ruta gastronómica estará acompañada dunha ruta musical.

Os establecementos que forman parte desta ruta son: Aparthotel Marouco, Brisamar, Carla, Jamonería Anabel, Pizzicata, Os Remos, O Cangrexal, Marusía, Gaviota, Trasmallo e Xeito.

Ademais, nas rúas onde están estes locais haberá música en directo. Os grupos "Deixandar" e "Lirolai" pasearán a carón dos restaurantes adheridos para amenizar ós consumidores.
Entre os participantes nesta ruta, que continuará durante a fin de semana próximo (días 25, 26 e 27), ORPAGU sortea un lote de produtos de peixe espada.

Música, charlas e mercadillo

Hoxe venres, as Xuventudes Socialistas da Guarda, presenten o "Ciclo LGTBI: Queda moito por facer". Esta primeira charla, que comezará ás 20 horas no Centro Cultural, contará con tres ponentes: Estela Fernández, experta en igualdade, Xabier Constela, membro do colectivo de pais e nais de menores transexuais e Fito Ferreiro, coordinador federal do Colectivo 7 Cores.
O acto está aberto a todos os públicos e o tema a tratar é "Como observamos a transexualidade nos menores?".

O sábado, no barrio da Gándara, a Organización de Grupo de Gaitas Aboalleira, organiza un "Serán". A cita é ás 21 horas na Praza dos Seixiños.

Por último, a fin de semana remata cun mercadillo solidario organizado por "ConRazones". Durante toda a xornada do domingo, tanto pola mañá como pola tarde, a Alameda da Guarda acollerá decenas de postos solidarios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí