Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

FIN DE SEMANA REPLETO DE MÚSICA, BAILE E TEATRO NA GUARDA

O Concello da Guarda presenta unha fin de semana repleto de actividades moi diferentes para o desfrute, tanto dos veciños e veciñas da localidade, coma dos moitos visitantes que estes días pasean polas rúas desta vila.

A guinda da fin de semana a porá a obra teatral -A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres- que terá lugar no Auditorio de San Bieito o domingo ás 20,30 horas

Fecha: 11 de Julio de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O Concello da Guarda presenta unha fin de semana repleto de actividades moi diferentes para o desfrute, tanto dos veciños e veciñas da localidade, coma dos moitos visitantes que estes días pasean polas rúas desta vila.

O venres, a Asociación naturalista Baixo Miño (ANABAM) celebra o seu 30 aniversario no Salón de Actos do Centro Cultural a partir das 20 horas. Tras este acto organizado pola propia asociación en colaboración co Concello, se procederá á apertura da exposición de Joel Correia "Pintura da Natureza".

Ás 22,30 a Agrupación de Música da Guarda ofrecerá un concerto de Jazz "St James Street Band" na Praza do Reló. O espectáculo está aberto a todos os públicos e é totalmente gratuíto.

Ademais, este venres tamén se celebrará a "III Festa do Mexillón" que ocupará a Alameda da Guarda ata o domingo, día 12. Esta festa gastronómica está organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva "O Cancelón".

O sábado, organizado por "Sopadesobre" e coa colaboración do Concello, se celebrará no espazo do Centro Cultural da Guarda, o III Mercado da Música. Este evento, que comezará as 11 e se alongará ata as 23 horas, ofrecerá música en directo, postos de venta de discos ou roupa e moitas sorpresas máis.

Este mesmo día, organizado pola Asociación Cultural Xamaraina, no Auditorio de San Bieito terá lugar o "Festival de Baile Moderno Xamaraina" no que participarán un gran número de nenas da vila. A hora de comezo é as 20,30 horas.

Na mesma xornada se procederá á inauguración da exposición de Debuxo, Escultura e Pintura do Grupo Impás que se mostrará na Casa dos Alonso ata o próximo 28 deste mesmo mes.

O fin de semana culmina coa "Festa do Avó" organizada polo Clube da 3ª Idade e Pensionistas da Guarda. Nesta homenaxe os avós e avoas da localidade contará coa animación musical do grupo "Sabor" e coa actuación do monologuista "Pedro Brandariz". Se repartirá rosca e sidra entre todos os asistentes e haberá sorteo de agasallos.
A festa comezará as 16,30 horas.

A guinda da fin de semana a porá a obra teatral "A verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres" que terá lugar no Auditorio de San Bieito o domingo ás 20,30 horas. Este espectáculo organizado polo Concello está aberto a todos os públicos e a entrada é totalmente gratuíta.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones