Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

FREITAS: O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN MINTE SOBRE A RÚA CONCEPCIÓN ARENAL DA GUARDA

Poño en coñecemento da opinión pública, de xeito especial da guardesa, os argumentos que o proban

Poño en coñecemento da opinión pública, de xeito especial da guardesa, os argumentos que o proban

Fecha: 28 de Mayo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

Como queira que o Sr. Louzán manifestou publicamente que a Deputación non fixera as obras de mellora da rúa Concepción Arenal, única rúa que neste Concello é do organismo provincial, porque o Alcalde de A Guarda non llo solicitara nunca, e dado que eu empeñei a miña palabra en que demostaría que o Sr. Louzán mentíu, poño en coñecemento da opinión pública, de xeito especial da guardesa, os argumentos que o proban:

a.- Carta con rexistro de saída n.º 432, de 3 de febreiro de 2009, solicitando a urbanización do treito superior de Concepción Arenal, entre a rúa Galicia e a praza de Avelino Vicente.

b.- Carta con rexistro de saída n.º 1174, de 4 de marzo de 2010, solicitando a urbanización do treito inicial da rúa Concepción Arenal.

c.- Carta con rexistro de saída n.º 1277, de 23 de abril de 2013, no que lle comunico ó Sr Louzán que o día 19 dese mes foi entregado en Deputación un proxecto de obras para dita rúa redactado por un técnico municipal ( para axudarlle en algo que é da súa exclusiva competencia) , ó tempo que se lle solicita que acometan as obras á maior brevidade posible.

d.-  Carta con rexistro de saída n.º 3540, de 23 de outubro de 2013, urxindo a realización das obras en Concepción Arenal.

e.-  Por último, diríxolle escrito con rexistro de saída n.º 98, de 15 de xaneiro de 2015, despois de cinco anos sen facer nada, para que se urbanice o treito alto da rúa e se asfalte o treito baixo que se urbanizou hai anos dado o mal estado da capa de rodadura.

Ata en cinco ocasións, dende o ano 2009, o Alcalde da Guarda solicitou o arranxo da rúa Concepción Arenal. Logo, o Sr. Louzán mintíu descaradamente ó afirmar que nunca lle fora solicitado.

Respecto doutra afirmación pública súa de que o Padroado do monte Trega rechazara 700.000 euros que poñía a Deputación para dotar de servizos (auga, saneamento, etc) ó monte Trega, quero precisar que esa cantidade é o 50%  do que custan as obras o que obrigaba ó Padroado a poñer outros 700.000 euros, cantidade que este organismo non pode asumir e que nin tan siquera ten capacidade de endebedamento para facerlle fronte. O normal, dado que o Trega é o segundo lugar máis visitado de Galicia, sería que a Deputación, seica tan interesada en potenciar o turismo, lle fixera fronte á totalidade da obra.

En canto ás inversións propagandísticas dos últimos días de campaña, valoradas en máis de 5 millóns de euros, só dicirlle que ninguén neste pobo lle creu nada. E se alguén tiña algunha dúbida de que todo era mentira, esa dúbida desaparecrá cando saiban do contido desta nota. ¿Como lle imos crer nada se durante oito anos non nos deu nada, nin siquera unha carretilla de asfalto para tapar un bache?

O domingo 6 de xuño é na Guarda o día do Santísimo, día das alfombras. Que non se preocupen os que fan estes traballos na rúa Concepción Arenal. O Concello bacheará a rúa para que o seu traballo luza coma sempre.

Nota.- Acompaño copia dos escrito remitidos ó Sr. Louzán solicitando as obras de Concepción Arenal.

A Guarda, 28 de maio de 2015

                                                                  

José Manuel Domínguez Freitas

Alcalde de A Guarda en funcións

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones