Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Goián acolleu este domingo a VII edición do Certame de Pintura Antonio Fernández

Máis de 40 persoas participaron nesta edición

Máis de 40 persoas participaron nesta edición

Fecha: 19 de Agosto de 2019

Fuente: Jorge Alonso Daldea / Infomiño

O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández cruzou o río Miño da man da Eurocidade. Por primeira vez, todas as persoas participantes puideron crear as súas obras durante o certame nos espazos situados na contorna de Tomiño e Cerveira e que foron establecidos pola organización e comunicados aos participantes este mesmo domingo, día do concurso.

Como cada ano, este certame de pintura reuníu a unha gran variedade de artistas e afeccionados á pintura nas inmediacións do Río Miño, contando con máis de 40 participantes. O certame comezou entre as 09.30 e as 11.30 h na Aula Museo Antonio Fernández, onde a organización selou e numerou os soportes das obras e deu as directrices precisas a todas as persoas participantes.

As persoas participantes tiveron todo o día dispoñible para rematar as súas creacións, que deberon entregar sen asinar e xunto co cabalete entre as 17.00 e as 18.00h no Espazo Fortaleza de Goián.


Dúas exposicións
O xurado, composto por personalidades vencelladas co mundo das artes e por membros das entidades patrocinadoras dos premios, reuniuse para emitir o fallo .


O Concello de Tomiño, a Comunidade de Montes de Goián e a Fundação Bienal de Arte de Cerveira, entidades colaboradoras do certame, patrocinaron os tres premios do certame, un primeiro premio de 1.500 euros e un segundo e terceiro premio de 500 euros.


Toda as obras participantes exporanse do 19 ao 25 de agosto no Centro Goianés de Tomiño e do 26 ao 31 de agosto na Fundação Bienal de Arte de Cerveira.


Este certame forma parte das actividades desenvolvidas pola Eurocidade ao abeiro da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo programa INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da Unión Europea.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones