Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

GRAN ACOLLIDA DA TERCEIRA CHARLA LGTBI #MOITOXFACER SOBRE EDUCACIÓN EN DIVERSIDADE

Nas próximas semanas as XSG - A Guarda presentaran unha serie de novos proxectos no ámbito LGTBI así como a fecha da seguinte charla.

Nas próximas semanas as XSG - A Guarda presentaran unha serie de novos proxectos no ámbito LGTBI así como a fecha da seguinte charla.

Fecha: 13 de Febrero de 2016

Fuente: Xuventudes Socialistas da Guar

"O acoso por razón da orientación sexual é un dos máis complicados para a vítima pois o rexeitamento pode vir en tódolos estratos da vida do alumno: aulas, profesores, familia, amigos... Debemos sensibilizar tamén ao entorno desta realidade diversa na que nos movemos. Isto axudara a que o seu desenvolvemento persoal sea moito máis satisfactorio que o que lle tocou vivir a xeracións anteriores."

Na educación aínda queda #MoitoXFacer para o colectivo LGTBI, pero como quedou evidenciado onte na charla coloquio organizada polas XSG-A Guarda en colaboración co IES A Sangriña, avanzamos moito na nosa comarca nestes dez anos dende a aprobación da lei do matrimonio igualitario.
A terceira sesión do ciclo LGTBI que esta desenvolvendo a organización xuvenil guardesa, levouse a cabo no propio centro lectivo para desenvolver un debate aberto sobre como esta a situación do colectivo nas aulas guardesas, non so cos comportamentos individuais senón tamén colectivos.
Esta terceira charla desenvolveuse na Cafeteria do IES A Sangriña
"Día a día pasan por esta cafetería centos de adolescentes sen percatarse de que a diversidade está presente ao seu redor. Máis visibilización e concienciación son a única saída de futuro para a normalización do colectivo." así deu comezo unha charla na que participaron activamente expertos no tema a tratar, profesional docente dos centros da vila, representantes de asociacións, nais, pais e membros do colectivo, así como compañeiros socialistas de Mos, Vigo, Oia, Tomiño e O Rosal.
Estela Fernández, experta en igualdade xa presente en pasadas edicións do ciclo, foi a encargada de enmarcar o coloquio: "O importante de tódalas accións é tentar que perdure o pensamento de diversidade nos adolescentes, na comunidade educativa e que ese mensaxe chegue tamén as familias e a outros ámbitos, para así loitar contra os perxuizos xa presentes na nosa sociedade, por desgraza cortada e sesgada pola heteronormatividade, moi ligada o pensamento de masculinidade, polo que nos encontramos na maioría das veces con comportamentos machistas". Como subliñou en varias partes da súa intervención, debemos "sensibilizar tamén o entorno desta realidade diversa na que nos movemos".

Xa na charla aberta, Aitor Bouza, Secretario Xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia recalcou que "o esquecemento ao que as políticas educativas da dereita somete a educación en valores é unha das maiores trabas a vencer pola comunidade educativa para loitar contra a LGTBIfobia, unha enfermidade que aínda esta nas nosas aulas. Maior investimento e aplicación da Lei contra a discriminación LGTBI aprobada no Parlamento galego é o primeiro paso. Ata o de agora non é máis que unha lei gardada no armario do goberno conservador de Feijoo."

Elena Baz, Concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, declarou que o Concello esta estudando como "reforzar o traballo que se ven desenvolvendo na vila para a concienciación e prevención do acoso de todo tipo nas aulas, asi como noutros eidos como a violencia de xénero, no que observamos como as taxas entre os adolescentes son cada vez maiores. Debemos loitar por unha vila onde o machismo non poda pervivir."

Nas próximas semanas as XSG - A Guarda presentaran unha serie de novos proxectos no ámbito LGTBI así como a fecha da seguinte charla.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones