Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Gran actividade cultural e deportiva nesta fin de semana na Guarda

A Guarda contará unha vez mais cunha fin de semana de gran oferta cultural e deportiva para todas as idades, que dende o venres e ata o domingo realízanse en diferentes espazos públicos do municipio.

A Guarda contará unha vez mais cunha fin de semana de gran oferta cultural e deportiva para todas as idades, que dende o venres e ata o domingo realízanse en diferentes espazos públicos do municipio.

Fecha: 29 de Junio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda contará unha vez mais cunha fin de semana de gran oferta cultural e deportiva para todas as idades, que dende o venres e ata o domingo realízanse en diferentes espazos públicos do municipio.

Venres 29 de Xuño:
Na xornada do venres día 29 de xuño destaca a Presentación do Libro "Hospital Casa-Asilo de A Guarda(1918-2018) Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico" do historiador local Joaquín Miguel Villa ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda.
Ás 20:30h da tarde as instalacións da Asociación Veciñal "O Percamiño" da Gándara acollerán unha Mostra Musical a cargo da Agrupación Musical da Guarda.

Sábado 30 de xuño:
O Sábado 30 de xuño ás 12:00h o Museo do Mar da Guarda acolle a inauguración da Exposición "As achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" que, baixo o proxecto "Sustentabilidade en feminino", busca amosar as achegas das mulleres ao desenvolvemento sustentable e á conservación dos nosos mares.
A Praza do Reló acolle dende as 20:00h o I Festival Sons da Guarda no que participarán o Coro Arpegios, o Coro Cantábile, a Coral da Terceira Idade, a Coral Polifónica da Guarda e o Coro de Cámara de Crecente, evento organizado pola Asociación Arpegios Cantábile.
Durante toda a xornada do sábado o Castelo de Santa Cruz será o escenario da I edición do Interlude Fest, un festival de música organizado dende a Asociación Cultural Rock´n´Rolla que contará con diversas actividades coma un Campionato de Petanca, Xornadas de adopción animal, Mercado solidario de Conrazones, mostra de artesanía, inchables e xogos infantís, así coma as actuacións dos grupos Kuna de Odio, Mano de Piedra, Santos Morcegos, Terader, Silf-Atär, Teseracto, Jani´s Joplin e Perseide. O recinto abrirase ás 11:00h da mañá e os concertos comezarán ás 20:00h da tarde.

Domingo 1 de xullo:
-EVENTO SUSPENDIDO-O domingo día 1 de xullo na Alameda da Guarda terá lugar unha xornada de Ioga aberta ao público e de carácter gratuíto, en horario de 11:00h a 12:00h da mañá.
-EVENTO APRAZADO-Ás 20:30h o Auditorio de San Bieito acolle a XIV edición do Festival de Baile Moderno, unha das citas mais importantes de baile e danza na programación do verán na Guarda, evento organizado polo Grupo de Baile Xamaraina.

A Exposición "Faros De Galicia" de Carlos Ramos Fernández estará presente no Centro Cultural da Guarda ata o vindeiro 7 de xullo, en horario de Luns a Venres de 9:00h a 14:00h e os sábados en horario de 10:00h a 13:00h.

Moita música, cultura e programación para todas as idades para dar a benvida ao mes de xullo na Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones