Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL LIROLAI DO ROSAL

O grupo de pandereteiras/os e música tradicional Lirolai nace no interior da Agrupación Musical do Rosal, sendo este un máis dos proxectos levados a cabo por esta asociación que conta entre outras cousas con escola de música, banda, coral, grupos de cámar

Fecha: 15 de Marzo de 2013

Fuente: www.lirolai.com

O grupo de pandereteiras/os e música tradicional Lirolai nace no interior da Agrupación Musical do Rosal, sendo este un máis dos proxectos levados a cabo por esta asociación que conta entre outras cousas con escola de música, banda, coral, grupos de cámara, etc.

 

O grupo consta de trece compoñentes, cinco homes e oito mulleres que interpretan repertorio cantado, pezas de pandereteiras, temas instrumentais con gaitas, acordeóns, saxo, tamboril e bombo, e versións mixtas de canto e instrumentación. Posúen un amplo repertorio de cancións de recollida de diferentes zonas de Galicia, así coma versións de temas populares e tamén pezas de composición propia.

Lirolai fai a súa presentación o 1 de marzo de 2008 no Centro Social de Estás (Tomiño) e desde entón actúan en diversos eventos culturais: Centro Cultural da Guarda, Auditorio do Centro Cultural Helios de Bembrive, Casa Cultural e Veciñal de Camposancos e Auditorio do Rosal. Tamén asisten a distintas festas coma San Gregorio e Festa das Letras Galegas no Rosal, I Festa do Kiwi en Tomiño, XVI Festa Luso Galaica en Vilanova de Cerveira, así coma infinidade de seráns e foliadas por toda a xeografía galega. Tamén ten feito colaboracións coa Coral da Agrupación Musical do Rosal e co grupo Folk Deixandar, tamén do Rosal.

 

No mes de novembro do 2009 desprázase ata Vitoria para actuar no centro galego desta cidade, acadando un importante recoñecemento por parte do público asistente. En xuño de 2010 actúa na festa do mar e da sardinha en Vila Praia de Áncora no veciño Portugal.

 No verán de 2011 participa na primeira edición do concurso “Novoson” da radio galega coa peza “A cabaqueira”, onde o grupo acada gran recoñecemento en toda Galicia, quedando en 2ª posición na votación dos oíntes. Repite participación en 2012 coa peza “Rumba do muiño”. En 2012 participa en outro concurso da radio galega: “Vas sacar nota” coa peza “O salón parroquial”. Ten participado tamén en distintos programas da TVG: Vaia troula, A solaina, en novembro de 2011 e  decembro de 2012, no Luar. 

 
Nestes momentos o grupo acaba de editar o seu primeiro disco, con pezas tradicionais e de composición propia.

 
 Compoñentes:
 

Rafael Martínez: Acordeón e Voz
Celso Diego: Acordeón e Voz
Miguel Proba: Gaita
Fátima Martínez: Saxo Soprano
Rafael Domínguez: Tamboril e Voz
Serafín Luna: Bombo e Voz
Berta Caride: Pandeireta e Voz
Consuelo Pereira: Pandeireta e Voz
Sol Rodríguez: Pandeireta e voz 
Esther Rodríguez: Pandeireta e Voz
Rita Martínez: Voz Manuela Martínez: Voz
Concepción Martínez : Voz
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones