Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Helen & Shanna e Arancha Brandón seleccionados na Sección Oficial de Videoclips do Festival de Cans

O clip foi rodado nos arredores da Casa do Río no concello do Rosal, un lugar fermoso cheo de natureza e recordos da infancia para toda a banda e equido de rodaxe.

O clip foi rodado nos arredores da Casa do Río no concello do Rosal, un lugar fermoso cheo de natureza e recordos da infancia para toda a banda e equido de rodaxe.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Mayo de 2023

Fuente: LO&VE Records

“Carmo 22” é un dos singles que recentemente estreou a banda de entre A Guarda e O Rosal, Helen & Shanna, o seu videoclip gravado pola directora e fotógrafa da Guarda, Arancha Brandón foi seleccionado na Sección Oficial de Videoclips do Festival de Cans que esta semana celebra o seu XX aniversario.

O clip foi rodado nos arredores da Casa do Río no concello do Rosal, un lugar fermoso cheo de natureza e recordos da infancia para toda a banda e equido de rodaxe. A través dunha letra poética e unha música atmosférica, Carmo 22 fala sobre unha viaxe reveladora, a amizade e o amor. Unha procura contínua cargada de matices musicais e líricos. O vídeo é, en palabras da directora, “unha homenaxe ás historias de aventuras. Viaxamos entre o pasado e presente a través da utilización de símbolos místicos”. Para iso serviuse dunhas localizacións bucólicas e un estilo contemplativo idóneo para redondear este concepto. O río, elemento protagonista da peza, ten un gran significado tanto para a realizadora como para a banda, pois ambos naceron á beira do Miño, xunto á fronteira portuguesa. A proposta sonora é moderna e clásica á vez, igual que o vídeo, gravado tanto en dixital como en analóxico.

A presentación dos videoclips será este martes 16 de maio no Centro Municipal do Porriño, comezará ás 19:00 h. co Encontro Dalle Caña de creadores de clips onde falarán dos seus traballos. Ás 20:30 h. está previsto o coloquio con proxeccións sobre a Evolución dos Documentais da Historia do Rock, con fragmentos de imaxes dos mesmos, que dará o xornalista musical Xavier Valiño, tamén membro do xurado de videoclips.

A proxección dos 18 videoclips a concurso, “Noite Lasal Cociñas de Clips” comezará ás 22:00 h. na Praza do Concello de Porriño, e alí poderanse ver traballos de Fillas de Casandra, Ruxe Ruxe, Boyanka Kostova, Grande Amore, O Rabelo, Laura Lamonyagne e Pico Amperio, Carolina Rubirosa, Guadi Galego e Nabú, entre outros. O peche será coa actuación de Zeltia Irevire.

O videoclip gañador será elixido o vindeiro sábado 20 en Cans.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí