Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Homenaxe a Julia Sobrino este sábado na Guarda

Sábado 17 de marzo ás 19:30h no Centro Cultural de A Guarda

Julia Sobrino é unha das mulleres máis destacadas no ámbito cultural e social guardés

Fecha: 17 de Marzo de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

As cativas e cativos tamén terán oportunidade de achegarse á figura e obra de Julia Sobrino na sesión de «Contos contados: Muller poeta» da Biblioteca Municipal.

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, celebrará o vindeiro sábado, 17 de marzo, un festival poético-musical en homenaxe a Julia Sobrino, guardesa pioneira no ámbito cultural, social, empresarial e político na vila e a comarca.

O acto comezará ás 19:30 horas no Centro Cultural, sen que se coñezan máis detalles sobre o seu desenvolvemento. Así, a celebración será unha toda unha sorpresa para a homenaxeada, en agradecemento ao seu labor.

As cativas e cativos tamén terán oportunidade de achegarse á figura e obra de Julia Sobrino, na sesión de «Contos contados: Muller poeta» que terá lugar este mesmo sábado, ás 11:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal. Alí, os nenos e nenas participantes poderán coñecer os poemas de Sobrino e elaborar, tras a lectura do poemario, poderán participar na elaboración dun mural en homenaxe á Sobrino e a tódalas mulleres poetas.

Sobre Julia Sobrino
Julia Sobrino é unha das mulleres máis destacadas no ámbito cultural e social guardés, por ter impulsado numerosas iniciativas en prol da dinamización da Cultura e a creación literaria e dramaturxia na vila. Así, Sobrino formou parte de numerosas obras teatrais en calidade de actriz e directora, e participou en diversos festivais poéticos. Foi impulsora do grupo de baile e gaitas Do Lusco ó Fusco e traballou na recuperación do traxe galego na Guarda. Sobrino é presidenta da Agrupación Cultural Guardesa dende 1988, foi concelleira do Partido Socialista durante tres lexislaturas e, no eido profesional, rexentou durante preto de medio século un dos establecementos máis tradicionais da Guarda

O acto de homenaxe enmárcase na programación especial con motivo do Día Internacional das Mulleres, coa que a Concellería de Cultura pon en valor o labor social e cultural realizado polas mulleres.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones