Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

HORARIOS E SERVIZOS DA SEMANA SANTA GUARDESA 2014

A Oficina de Turismo da Guarda informa dos horarios e servizos da Semana Santa 2014

Fecha: 19 de Abril de 2014

Fuente: www.aguarda.es

OFICINA DE TURISMO DO MONTE SANTA TREGA
Do martes 15 ó domingo 20 de abril: 11:00 - 14:00 / 16:00 - 19:00 (domingo só maña)

MASAT- MUSEO ARQUEOLÓXICO DE SANTA TREGA
De martes a domingo: 10:00 - 20:00

VISITAS GUIADAS NO MONTE SANTA TREGA
Do sábado 12 ó domingo 20 de abril (excepto o luns). As visitas das 12:30 e 17:00 comezan no Museo Arqueolóxico cunha duración de 1h30. Ás 16:00 haberá unha visita de 30 minutos no Castro de Santa Trega.

MUSEO DO MAR- ATALAIA
De xoves a domingo: 11:00 - 14:00 / 16:00 - 19:00

CASTELO DE SANTA CRUZ
10:00 - 21:00

ALBERGUE DE PEREGRINOS
Os peregrinos poderán solicitar praza no albergue chamando os teléfonos 986 610 025 ou
696 986 515

CENTRO CULTURAL. EXPOSICIÓN MARÍA SÓ MARÍA
da artista portuguesa Adriana Henriques, composta por acuarelas e pasteis.
Luns a mércores de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 e de 10:00 a 13:00 o sábado. 
 
RUTA DO PINCHO DA LAMPREA DO MIÑO
Do sábado 12 ó domingo 20 de abril. Horario 11.00 a 13.30 horas e de 19.00 a 21.00 horas. Organizada polos viveiristas e pescadores da lamprea da Guarda, nace coa finalidade de promocionar a Lamprea do Miño entre o público como un pincho a un prezo alcanzable.
 
Moitos dos coñecedores do sabor da lamprea tan só a conciben como o prato principal dun xantar. Esta ruta pretende dar a coñecer a lamprea como un produto de calidade ofertado como parte dun xantar ou mesmo como un tentempie que acompañe ó viño e a boa compañía.
A ruta conta con 27 establecementos entre restaurantes e bares que ofertarán a seu concepto do pincho da lamprea do Miño a un prezo único de 2 €.
Na Guarda a elaboración tradicional da lamprea é a bordalesa, é dicir, cociñada na súa sangue e servida con arroz branco e pan tostado. Aínda que cada restaurador ten liberdade na creación da súa proposta tendo en conta que o sabor da lamprea dominará nun pincho de calidade.
Para fomentar a elaboración de pinchos de calidade entre os establecementos adheridos organízase o Concurso do Mellor Pincho da Lamprea do Miño onde os únicos responsables de escoller o mellor pincho serán aqueles participantes na ruta e que valoren cada pincho degustado.
Para potenciar o concepto de Ruta os participantes terán que degustar o pincho de lamprea en tres establecementos diferentes como mínimo e deste xeito poderán participar no sorteo de cinco agasallos (1º unha caixa de viño Albariño e os demais unha caixa de viño do Ribeiro cada un)
Os participantes na ruta disporán dun pasaporte co relatorio dos establecementos adheridos ordenados alfabeticamente co enderezo, teléfono e localización nun pequeno rueiro. A finalidade deste pasaporte é promocionar a todos os establecementos adheridos. e será un instrumento para coñecer o número de participantes e o grado de satisfacción.
Cada establecemento disporá de pasaportes para a súa distribución entre os participantes na ruta. Os pasaportes permitirán coñecer unha aproximación do número de pinchos servidos e a valoración dos pinchos entre os participantes.
O sorteo terá lugar o mércores 23 e o venres 25 de abril os premiados recollerán o seu agasallo e o establecemento co mellor pincho recibirá o seu diploma como recoñecemento a súa achega o bo facer na ruta organizada
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones