Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

HOXE PRESÉNTASE EN OIA O PROXECTO TURÍSTICO COSTA DOS CASTROS

Trátase dunha gran proposta de dinamización turística a través da xestión arqueolóxica da costa sur de Galicia.

No proxecto conflúen catro Comunidades de Montes, o Concello de Oia, as asociacións ACAMO e ANABAM e os hostaleiros locais.

Fecha: 08 de Julio de 2015

Fuente: Xose Gago

O próximo mércores 8 ás 20:00 na Casa da Cultura de Pedornes terá lugar o evento de presentación.  
 
Trátase dunha gran proposta de dinamización turística a través da xestión arqueolóxica da costa sur de Galicia. No proxecto conflúen catro Comunidades de Montes, o Concello de Oia, as asociacións ACAMO e ANABAM e os hostaleiros locais.  
 
No acto de presentación do próximo mércores 8 explicaranse as características e obxectivos deste gran proxecto turístico. Os organizadores avanzan que se trata de "unir sinerxias de distintas iniciativas que levaban un tempo desenvolvéndose. Ao poñer as distintas iniciativas nun mesmo proxecto, todos gañamos"

O proxecto ten por obxectivo final a dinamización turística do Concello de Oia, pero as portas seguen abertas a que se sumen outras Comunidades de Montes ou mesmo outros concellos veciños. "Coa etiqueta Costa dos Castros queremos definir e denominar o tramo de costa entre Baiona e a desembocadura do Miño, unha costa cunhas características comúns e moi diferentes con respecto ao resto de costa galega".

O eixo principal do proxecto será a xestión dalgúns dos restos arqueolóxicos máis importantes do Concello. A idea é que o patrimonio arqueolóxico sexa un dos motores do turismo da zona pero sen esquecer o resto de atractivos que ofrece o entorno: patrimonio natural e paisaxístico, gastronomía e actividades de turismo activo.

No evento de presentación daranse a coñecer os xacementos sobre os que se actuará e o carácter das intervencións a facer en cada un deles. O proxecto será desenvolvido en varios anos, pero para este 2015 xa hai catro intervencións organizadas.

Ademais do que se fará, resulta interesante o xeito no que se fará. O modelo de xestión será o de Arqueoloxía en Comunidade, co que se tratará de involucrar aos veciños no proceso arqueolóxico mediante a participación, as visitas guiadas, barferencias, etc.

O proxecto que se presentará o próximo mércores é froito de case un ano de traballos de xestión. Durante este ano buscáronse colaboradores nacionais e internacionais que fan posible a realización do proxecto. O Incipit-CSIC é un deses socios co que existe un acordo de colaboración polo que a institución científica cede a utilización de elementos tecnolóxicos necesarios. Ademais, o proxecto será seguido de preto por antropólogos do CSIC que tomarán o proxecto como un exemplo de novos xeitos de facer arqueoloxía no marco do proxecto europeo NEARCH.

O proxecto tamén inclúe a creación dunha web turística da Costa dos Castros na que se incluirá información sobre que visitar, que facer ou onde comer e durmir. Ademais, a web contará cun blog no que poder seguir a actualidade dos proxectos arqueolóxicos que se desenvolverán así como de outras actividades.

No acto de presentación participarán os presidentes das Comunidades de Montes, representantes das asociacións e do Concello de Oia, ademais de Rocío Varela, coordinadora técnica do proxecto NEARCH e Xosé Gago, coordinador do proxecto Costa dos Castros.

O día seguinte, xoves 9 realizarase outra presentación máis informal na cervexería La Micro de Baiona, onde se presentará tamén a nova cervexa A Cabeciña. Esta cervexa foi elixida entre catro tipos polos asistentes á Festa da Cervexa da Cabeciña que tivo lugar o pasado 6 de xuño no castro do mesmo nome en Mougás.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones