Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

II Xornada Empresarial dentro do taller Non te pares, Érguete!

O vindeiro venres, 22 de xuño, levarase a cabo a II Xornada Empresarial de encontro coas empresas no Centro Cultural de A Guarda, de 16 a 21 horas.

O vindeiro venres, 22 de xuño, levarase a cabo a II Xornada Empresarial de encontro coas empresas no Centro Cultural de A Guarda, de 16 a 21 horas.

Fecha: 22 de Junio de 2018

Fuente: Asociación Érguete Baixo Miño

A Asociación Érguete Baixo Miño informa que o vindeiro venres, 22 de xuño, levarase a cabo a II Xornada Empresarial de encontro coas empresas no Centro Cultural de A Guarda, de 16 a 21 horas.

Trátase dun acto onde os participantes terán contacto directo con empresas da zona do baixo Miño e arredores para así coñecer, de primeira man, información sobre en que se fixan nos candidatos e candidatas á hora de facer as entrevistas ou mesmo as características dos perfís que soen requirir.

A primeira parte da xornada, de 16 a 18.30 horas, será aberta ao público e terá lugar unha mesa redonda con rolda de preguntas con representantes como Aixa Carrera e Lorena Rial do departamento de RR.HH. de Nortempo en Porriño, Rosana Vila do departamento de RR.HH. do Grupo Copo así como tamén Victoriano Rodríguez, presidente de Érguete Baixo Miño.

Unha vez rematado o merecido descanso, terá lugar a segunda parte da Xornada Empresarial, de 19 a 21 horas, dirixido exclusivamente aos participantes do taller Non te pares, Érguete e será nesta parte da Xornada onde terán que demostrar todo o aprendido durante o curso para realizar con éxito as entrevistas exprés que lles farán os representantes das empresas.

Esta actividade atópase dentro do taller Non te pares, Érguete, o cal se está a levar a cabo, durante o mes de xuño, polo persoal laboral cualificado da Asociación xunto cunha psicóloga experta na materia, e destinado a persoas en situación de desemprego.

Atópase financiado pola Deputación de Pontevedra, Cohesión Social e Xuventude así como pola cota dos socios e socias e en colaboración co Concello de A Guarda pola cesión das instalacións.

Animamos a todos aqueles interesados en atopar traballo que se acheguen ao Centro Cultural de A Guarda o vindeiro venres, de 16 a 18.30 horas, durante a sesión aberta ao público, e estar así ao día nos requisitos do mundo laboral.

En Érguete Baixo Miño apostamos pola formación e intervención profesional como medidas de incorporación social e laboral así como de prevención de hábitos e condutas nocivas para a saúde.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones