Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

IMPORTANTE ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA SEGUNDA DAS CHARLAS DO CICLO -MANUAL DE INSTRUCIÓNS PARA EDUCAR-

Os participantes escoitaron e participaron activamente, transmitindo as súas experiencias e dúbidas.

Os participantes escoitaron e participaron activamente, transmitindo as súas experiencias e dúbidas.

Fecha: 02 de Abril de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Neste novo encontro, o terapeuta familiar, Esteban Figueirido, falou da importancia de dicir non, da asertividade, das normas e dos límites na educación das/os fillas/os. Os participantes escoitaron e participaron activamente, transmitindo as súas experiencias e dúbidas.

O martes 29 de marzo, celebrouse a segunda das charlas enmarcadas dentro do ciclo "Manual de Instrucións para educar" organizadas polo Programa de Educación Familiar e a OMIX do Concello da Guarda. Este segundo encontro, que levaba por título "Ensinando a dicir non", foi un éxito total de participación, superando amplamente as expectativas da organización.

Case cen persoas (o dobre de participación ca anterior cita) acudiron a esta charla que celebrouse na Casa dos Alonsos, dende ás 19,30 horas ata preto das 21 horas.
O terapeuta familiar, Esteban Figueirido, foi o encargado de guiar esta charla e animar aos participantes a contar as súas experiencias ou preguntar as súas dúbidas.

A participación nesta charla pon en relevo que a educación e a forma de educar, é un tema que interesa aos veciños e veciñas da Guarda e o formato participativo e práctico deste tipo de actividades atrae ao público polo que se espera que nas próximas charlas continúe o mesmo interese.

Seguintes citas

Este ciclo está composto por catro charlas. Tras a do martes, o 26 de abril terá lugar a charla que levará por nome "Pautas para fomentar a autoestima dos fillos e fillas".
O ciclo de charlas se pechará o 24 de maio co tema "Do berce á adolescencia. Ferramentas útiles con adolescentes".

O Concello da Guarda quere convidar a todos os pais e nais, avós e avoas, educadores/as e a todos aqueles veciños e veciñas interesados na educación a participar nestas charlas e axudar a crear un espazo enriquecedor no que falar e contar experiencias propias.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones