Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Impresionante participación do teixugo Luís Fernández na Copa do Mundo da Seu D urgell

O teixugo Luís Fernández foi un dos tres integrantes do equipo nacional de canoa ou C1.

O teixugo Luís Fernández foi un dos tres integrantes do equipo nacional de canoa ou C1.

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Septiembre de 2023

Fuente: Rosa Carrera

A localidade catalá de La Seu D´Urgell acolleu esta semana unha das copas do mundo de slálom. Máis de douscentos deportistas de corenta e un países diferentes participan no evento. O slálom, recordamos, só ten tres modalidades: kayak, canoa e kayak cross.

O teixugo Luís Fernández foi un dos tres integrantes do equipo nacional de canoa ou C1. O xoves fixo fronte as clasificatorias; na primeira, cunha mala baixada, quedou lonxe dos vinte postos para semifinais. Nas segunda clasificatorias, aproveitou ben a oportunidade, e acadou un posto en semifinais co mellor tempo de todos.

O venres os trinta semifinalistas de canoa intentaron conseguir unha das dez prazas da final. Luís Fernández trazou o circuíto con rapidez e limpeza, sen penalizacións, rematando quinto, o que lle deu a tan ansiado e complicado posto nas finais a disputar esa mesma tarde.

 Na final, nin a sorte, nin os árbitros, estiveron de parte do deportista de Salceda. Fixo unha baixada impecable e rapidísima, pero un dos dous árbitros da porta dezanove considerou que non a pasara correctamente, e, penalizouno con cincuenta segundos.

Rematou esta copa do mundo nun impresionante noveno lugar.

Tamén en C1 estivo o outro representante galego, Daniel Pérez do Piragüismo Penedo de Tui. Daniel tamén chegou a semifinais, rematando décimo oitavo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí