Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Inauguración do curso de funky na Guarda, dentro do Programa -Depo RúARTE-

O obxectivo principal do mesmo é que os participantes podan adquirir coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre funky

O obxectivo principal do mesmo é que os participantes podan adquirir coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre funky

Fecha: 03 de Septiembre de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Este venres día 2 de setembro, ás 12 horas, tivo lugar o acto de inauguración do curso de funky que acolle a Guarda ata o vindeiro 14 de setembro. Esta iniciativa está organizada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Depo RúARTE e conta coa colaboración do concello da Guarda.

Trátase do segundo curso deste programa que se leva a cabo na Guarda, tras o éxito do curso de graffiti celebrado entre finais do mes de xullo e principios de agosto e que permitiu embelecer o muro da praia de Fedorento.

Na inauguración deste novo curso, á que acudiu a concelleira de Xuventude do Concello da Guarda, Elena Baz, o alumnado amosou as súas ganas por aprender e divertirse moito, xa que algunha repetía experiencia pois xa participara no curso de graffiti. Intercambiaron unhas palabras coa concelleira, quen deu a benvida ás 12 rapazas que asisten ao curso a as animou a aproveitar esta gran oportunidade e desfrutar de iniciativas gratuítas como esta.

Ademais, no acto tamén foron convidadas a acudir o día 7 de outubro ao Certame de exhibición que haberá para amosar todas as actividades feitas como parte de "Depo RúARTE" nos diferentes concellos da provincia. Polo que algunha delas podería ir en representación deste curso e do Concello da Guarda.

Queda inaugurado así este curso de funky, que se imparte no Ximnasio Municipal de luns a venres, en horario de 11 ás 13,45 horas, e que vai dirixido a rapaces e rapazas de 14 a 30 anos empadroados no Concello da Guarda. O obxectivo principal do mesmo é que os participantes podan adquirir coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre funky, coñecer o procedemento do funky e os estilos que o compoñen, adquirir coñecementos básicos sobre composición e enfocar o funky como arte urbana e como actividade física deportiva saudable. Pero, por riba de todo, que o pasen moi ben descubrindo unha forma alternativa de ocio e aproveitando estes últimos días de verán.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones