Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

INAUGÚRASE A CAMPAÑA ARQUEOLÓXICA NO CASTRO DE CHAVELLA CUNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS ESTE SÁBADO

O evento comezará ás 9:00 horas cos traballos de limpexa vexetal.

O obxectivo da xornada é limpar a vexetación da terraza sur do castro. Despois haberá unha visita guiada, música, postos de comida e cervexa artesá.

Fecha: 17 de Octubre de 2015

Fuente: Costa dos Castros

Este sábado 17 terá lugar unha Xornada de Portas Abertas no castro de Chavella, en Oia. O evento comezará ás 9:00 horas cos traballos de limpexa vexetal. Ás 12:00 haberá unha visita guiada ao castro e a partir da 13:00, sesión vermú con música a cargo da agrupación folclórica Tralo Mosteiro, postos de comida e a cervexa artesá A Cabeciña.

A xornada inaugura a terceira e última gran campaña arqueolóxica de Costa dos Castros para este ano 2015, tras o éxito das escavacións no castro da Cabeciña en agosto e os traballos de limpeza no castro de Cano dos Mouros en setembro.

Costa dos Castros é unha iniciativa de catro Comunidades de Montes do concello de Oia -Mougás, Pedornes, Viladesuso e Santa María de Oia- e conta co apoio do Concello de Oia.

Desta volta os traballos vólcanse na Comunidade de Oia, co inicio da campaña arqueolóxica no castro de Chavella, que se desenvolverán ao longo do mes de outubro.

Trátase do castro con maior altitude da zona e por tanto conta cunhas vistas espectaculares sobre o mar. Quen queira desfrutar delas e coñecer máis sobre este sitio arqueolóxico pode facelo achegándose este sábado á Xornada de Portas Abertas. Só fai falta inscribirse para participar nos traballos de limpeza (escribindo a costadoscastros@gmail.com, na páxina de Facebook de Costa dos Castros ou ao teléfono 666435832). Para vir á visita guiada ou sesión vermú non fai falta inscripción.

A Xornada de Portas Abertas é unha das iniciativas de Costa dos Castros para promover o patrimonio da zona, pero non é a única. A campaña de micromecenado de Costa dos Castros segue aberta e ademais este venres 16 preséntase en Baiona o "Pack Gourmet A Cabeciña", un paquete de produtos gastronómicos locais cos que se quere xerar fondos para seguir poñendo en valor a arqueoloxía da costa sur galega.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones