Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

O CONCELLO DA GUARDA RECIBE ÓS OITO ALUMNOS DO IES A SANGRIÑA GAÑADORES DO RALLY CIENTÍFICO MATEMÁTICO CELEBRADO EN TOULOUSE

Antonio Lomba, quixo felicitar tanto os rapaces e rapazas polo seu primeiro posto no certame, coma o departamento que os acompañou nesta aventura.

Antonio Lomba, quixo felicitar tanto os rapaces e rapazas polo seu primeiro posto no certame, coma o departamento que os acompañou nesta aventura.

Fecha: 04 de Julio de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, xunto a Concelleira de Educación, Elena Baz, recibiron, no Salón de Plenos do Concello, ós oito alumnos do IES A Sangriña que resultaron gañadores no Rally Científico Matemático celebrado en Touluse. Os nenos e nenas de entre 12 e 13 anos, acompañados polas súas familias e por Carmen López, en representación do departamento de matemáticas do instituto,e o equipo directivo do mesmo, recibiron a noraboa por parte do Concello.

Antonio Lomba, quixo felicitar tanto os rapaces e rapazas polo seu primeiro posto no certame, coma o departamento que os acompañou nesta aventura. "Quero darvos a noraboa e recoñecer a labor de representación da nosa vila nas probas que pasástedes, tanto en Santiago, como, por suposto en Touluse", dixo o alcalde. Ademais, Lomba, mestre de profesión, bromeu con eles avisándolles de que tras este éxito xa non poden baixar o nivel nas súas notas.

Carmen López, non dudou en felicitar ós rapaces e falar da ilusión posta polos nenos e nenas neste certame. Ademais quixo agradecer a axuda tanto do Concello como do veciños e veciñas da Guarda, para poder facer posible este certame.

Tras as palabras, tanto Antonio Lomba coma Elena Baz fixeron entrega de diferentes agasallos ós nenos e nenas e tamén ó instituto. Iago Álvarez, Alex Fernández, Nahir Álvarez, Sarai Alfonso, Yoel Cardoso, Valeria Baz, Nayara Diego e Lucía Lorenzo se foron a casa có recoñecemento do Concello e cun libro de fotografía, outro de manualidades, postais, e un chaveiro. Carmen López recolleu, en representación do instituto, un agasallo conmemorativo que representa o Castelo de Santa Cruz e tamén varios lotes de libros.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones