Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - AS OBRAS DE REPARACIÓN DOS DESPERFECTOS DOS TEMPORAIS NO PORTO DE A GUARDA COMEZARÁN NOS VINDEIROS DÍAS

O Presidente de Portos de Galicia visitou o peirao guardés para presentar as obras que se desenrolarán nos vindeiros 3 meses

O pasado Luns día 23 de Xuño de 2014 o Presidente de Portos de Galicia visitou o peirao guardés para dar a coñecer as obras de Emerxencia de reforzo de bloques do dique no Porto de A Guarda.

Fecha: 23 de Junio de 2014

Fuente: Infomiño.com

O pasado Luns día 23 de Xuño de 2014 o Presidente de Portos de Galicia visitou o peirao guardés para dar a coñecer as obras de Emerxencia de reforzo de bloques do dique no Porto de A Guarda.

Á súa chegada José Juan Durán, Presidente do ente autonómico Portos de Galicia estivo acompañado pola concelleira Fany Iglesia, o Alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, así coma o equipo técnico da empresa que realizarán as tarefas de reconstrucción e reforzo, que se prolongarán durante aproximadamente uns 3 meses e medio.

As principais incidencias que se terán que reparar ubícanse nos diques de abrigo do Porto de A Guarda. No dique norte se reforzarán dúas zonas da escollera exterior que resultou seriamente danada polos temporais do pasado inverno, cun total de 10 novos bloques de 45 toneladas cada un(fabricaránse na explanada da atalaia) e 13 bloques de 130 toneladas(que se fabricarán "in-situ"). Para estes traballos se empregará un guindastre de grandes dimensións que axudará nas tarefas de reforzo con bloques.

Na zona sur do porto faráse unha reconstrucción da rampa de acceso e reposición de pavimento na Praia do Carreiro, que tamén resultou danada polos temporais.

Dentro do porto reconstruiráse un martillo de escollera sito no paseo marítimo entre a robaleira e a atalaia.

Ademáis se levarán a cabo diversas actuacións nos morros de ambolos dous diques de abrigo, coa reposición do empedrado danado, selado de fisuras, cambio de barandas e demáis complementos.

Submarinistas comprobarán o estado das zonas afectadas para realizar estas tarefas cun análisis previo dos danos ocasionados pola forza do mar cunha sucesión de temporais nos meses de Xaneiro, Febreiro e Marzo. Estas obras contrataránse coa habilitación dun crédito extraordinario para poder acometelas, trámites necesarios para o inicio das diferentes obras necesarias. Estas obras se teñen que realizar obrigatoriamente en verán, dado a imposibilidade climatolóxica para poder realizalas no inverno. Os equipos técnicos de Portos de Galicia traballarán baixo un protocolo de seguridade para que o persoal e operariso que desenvolvan as obras as fagan nas condicións de seguridade axeitadas.

Segundo manifestou José Juan Durán, as obras comezaránse nos lugares de maior uso de cara ó verán, polo que os primeiros traballos serán, de xeito inmediato, na rampla de acceso á Praia do Carreiro, dada a inquedanza manifestada polo alcalde de A Guarda, trasmitida a través de veciños e usuarios deste espazo.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones