Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Inícianse na Guarda os traballos para a mellora dos accesos á Praia do Muíño

O pasado luns día 10 de febrero de 2020 iniciáronse os traballos para o acondicionamento dos accesos á praia de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño.

O pasado luns día 10 de febrero de 2020 iniciáronse os traballos para o acondicionamento dos accesos á praia de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño.

Fecha: 12 de Febrero de 2020

Fuente: Concello da Guarda

O pasado luns día 10 de febrero de 2020 iniciáronse os traballos para o acondicionamento dos accesos á praia de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño.

No comezo das obras estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, a Concelleira de Patrimonio, Montserrat Magallanes, o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel Español, así coma representantes da empresa adxudicataria e a arquitecta que deseñou este proxecto.

O acondicionamento dos accesos á praia do Muíño forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Río Miño', de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, en concreto dentro das actuacións comprendidas para a creación do ‘Anel Verde do Miño', que consiste nunha "rede de sendeiros que comprende máis de cen quilómetros de ciclovías e camiños pedestres entre Galiza e Portugal e é, sen dúbida, un dos maiores atractivos deste territorio e de todo o sur da provincia".

O orzamento do proxecto ascende a 192.190 €. As actuacións previstas teñen unha dobre finalidade, por unha banda a recuperación da contorna, preservando e protexendo un espazo de alto valor ecolóxico, e por outro lado, a mellora da accesibilidade e os servizos da praia para a cidadanía.

As obras inclúen a regulación do tráfico mediante unha rotonda, a instalación dunha nova pasarela de madeira, a creación dunha plataforma peonil de acceso a praia e a rexeneración do areal mediante o retranqueo do muro de contención existente.


Antonio Lomba, manifestou a súa satisfacción co inicio destas obras, destacando que "permitirán rexenerar unha das zonas máis importantes para o Concello dende un punto de vista turístico e medioambiental." Segundo explicou, o actual acceso ao areal "rompía a conexión co entorno natural". Con estas actuacións "recuperaremos esta área converténdoa nunha paisaxe moi coidada, onde as persoas prevalecerán sobre os coches", evitando que os vehículos poidan chegar ata a beira da praia e que permitirán á cidadanía "gozar aínda máis se cabe deste entorno inigualable".


Visit Río Miño é un proxecto de cooperación transfronteriza, cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocarotia de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POPTEC) 2014-2020

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí