Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

INÍCIANSE OS TRABALLOS ARQUEOLÓXICOS NO CASTRO DA CABECIÑA

A partir do luns 3 un equipo de arqueólogos traballará para seguir investigando o impresionante castro e os petróglifos circundantes.

A partir do luns 3 un equipo de arqueólogos traballará para seguir investigando o impresionante castro e os petróglifos circundantes.

Fecha: 03 de Agosto de 2015

Fuente: Costa dos Castros

O xacemento da Cabeciña en Oia está ao completo este mes de agosto. A partir do luns 3 un equipo de arqueólogos traballará para seguir investigando o impresionante castro e os petróglifos circundantes.

O público está invitado a visitar A Cabeciña e ver a arqueoloxía en acción. Haberá visitas guiadas gratuítas diarias e tamén un ciclo de "barferencias" divulgativas en locais da zona.

A escavación está impulsada pola Comunidade de Montes de Mougás no marco do proxecto Costa dos Castros e conta co apoio do Incipit-CSIC. Os traballos centraranse en ampliar a sondaxe 3, aberta a principios deste ano por arqueólogos da Deputación de Pontevedra.

 

Un xacemento que desborda historia

O traballo da Deputación revelou varias estruturas superpostas que parecen suxerir tres fases de ocupación do castro, entre a I Idade do Ferro (século VIII-VII a.C) e a época final da cultura castrexa (século I d.C).

Durante este mes de agosto quérese seguir escavando a sondaxe para datar as estruturas con maior precisión, confirmar as fases de ocupación e tamén descubrir as funcións dos distintos edificios.

Paralelamente elaborarase unha serie de rexistros en 3D do recinto arqueolóxico.

"É un proxecto de posta en valor; queremos preparar a área para a súa restauración o ano que vén. Por iso prestaremos especial atención á correcta evacuación da auga na sondaxe" explica Carlos Otero Vilariño, director arqueolóxico.

 

Un equipo diverso

Como asesora de conservación estará Yolanda Porto. Tamén forman parte do equipo técnico o arqueólogo Israel Alcón e os arqueólogos ingleses John Etté e Sarah Buckingham.

O equipo estará asistido por un grupo de voluntarios vidos de diferentes puntos de España, Portugal, Inglaterra e Canadá. "Eu xa estiven en Mougás o ano pasado e namoreime do xacemento. Estou moi ilusionada por empezar a escavar e ver que descubrimos" conta Alba, voluntaria e estudante de arqueoloxía na Universidade de Barcelona.

A participación de voluntarios e o carácter comunitario da escavación serán estudados pola antropóloga do Incipit-CSIC Guadalupe Jiménez, como exemplo de novas formas de facer arqueoloxía. Por iso estará en campo durante todo o mes de agosto observando a iniciativa no marco do proxecto europeo NEARCH.

A institución de investigación Incipit-CSIC tamén colabora co proxecto dispoñendo de ferramentas e tecnoloxía para a escavación.

 

Abrir a arqueoloxía ao mundo

O público está sempre benvido a visitar a escavación e ver os traballos arqueolóxicos in situ. Durante todo agosto haberá visitas guiadas gratuítas ás 12:00 de martes a domingo, máis unha sesión ás 19:00 os sábados e domingos.

Outras actividades paralelas á escavación e abertas ao público inclúen un ciclo de "barferencias" divulgativas nos que participan Carlos Otero e os investigadores do CSIC Cristina Sánchez, César González e Guadalupe Jiménez.

Ademais todo o mundo poderá seguir o desenvolvemento da escavación a través das páxinas web e redes sociais de Proxecto Mougás e Costa dos Castros.

"A nosa idea é facer que a arqueoloxía sexa accesible a todos e á vez fomentar as visitas á zona" explica Xosé Gago, coordinador de Costa dos Castros. A escavación do castro da Cabeciña enmárcase neste proxecto de dinamización turística da costa sur de Galicia.

Outras actuacións previstas para este ano dentro de Costa dos Castros son a limpeza da estación de arte rupestre Auga dos Cebros en Pedornes, un levantamento topográfico do castro de Cano dos Mouros en Viladesuso e unhas sondaxes valorativas no castro de Chavella en Oia.

Actualmente hai en marcha unha campaña de micromecenado para financiar estas actuacións que axudarán a comprender mellor a paisaxe e a historia deste tramo de costa ao sur de Galicia. Pódese colaborar a través da páxina web de Costa dos Castros: http://costadoscastros.com/gl_ES/colabora-co-proxecto/

 

Ciclo de "Barferencias"

 

05 de Agosto: Cristina Sánchez (Investigadora do Incipit-CSIC). Cámping O Muíño, Mougás. Anécdotas dunha antropóloga. 

 

12 de Agosto: Carlos Otero (Arqueólogo). Albergue Aguncheiro, Mougás. Paisaxes Monumentais.

 

19 de Agosto: Guadalupe Jiménez (Antropóloga do Incipit-CSIC). Cámping Mougás. Como facer o amor co patrimonio.

 

24 de Agosto: César González (Investigador do Incpit-CSIC. Casa da Cultura de Mougás. De Astros e Castros: Como a astronomía pode explicar a arqueoloxía.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones