Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Inícianse os trámites para dotar dunha área de prado ó Monte Sta. Trega

A Comunidade de Montes de Camposancos está mantendo varias reunións para explicar o proxecto as diferentes administracións con competencias

Vista parcial da área na que se levaría a cabo a actuación

Fecha: 04 de Agosto de 2016

Fuente: Infomiño.com

A Comunidade de Montes de Camposancos na Guarda está iniciando os trámites precisos para dotar dunha área de prado ó Monte de Sta. Trega. A ambiciosa actuación estaría enmarcada nunha superficie de máis de 10 hectáreas de terreos ubicados entre o Campo de Chans e A Sangriña.

A idea inicial é a eliminación da abundante vexetación de acacias e eucaliptos que existen, para despois facer unha área de prado onde máis tarde faríase unha repoboación con especies autóctonas, continuando coa área xa existente denominada "Un bosque para unha bolboreta" en Chans.

A actuación realizaríase empregando unha novedosa técnica que emprega algas tratadas misturadas con perlita, que xa tivo éxito noutros lugares coma O Monte Galiñeiro, proxecto que tamén foi realizado por CEANSA. O custo da realización desta actuación é duns 20.000€ por cada hectárea, e a empresa CEANSA correría cos gastos e estaría disposta a preparar toda a superficie que a Comunidade de Montes estime, sempre e cando se conte co visto e prace das diferentes administracións con competencias.

Contacto coas administracións implicadas. Xa se realizou unha reunión previa con Patrimonio da Xunta de Galicia explicandolles o proxecto. O pasado mércores realizouse en Chans unha nova reunión, entre membros da Comunidade de Montes de Camposancos, representantes da empresa CEANSA e técnicos de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, na que se lles explicou as características do proxecto a levar a cabo e está prevista unha nova reunión con Medio Rural da Xunta de Galicia coa mesma finalidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones