Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

J. Miguel Villa presenta este venres na Guarda o seu derradeiro traballo literario

Venres 29 de xuño ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda

Venres 29 de xuño ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Junio de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

O Centro Cultural da Guarda acolle este venres a presentación do libro "Hospital Casa-Asilo de A Guarda(1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico", obra do historiador local Joaquin Miguel Villa Álvarez.

Nesta presentación, que terá lugar ás 20:30h do venres, J. Miguel Villa explicará aos presentes o traballo de investigación da xénese e historia do Hospital Casa-Asilo da Guarda, emblemático edificio, que alberga hoxe as instalacións do Centro Cultural na Rúa Rosalía de Castro, no centenario da comisión que se formou en Puerto Rico para a súa construción.

J. Miguel Villa é Doctor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela e centrou gran parte do seu traballo na investigación dos movementos migratorios entre A Guarda e diversos países de América Latina, que o levou a publicación de varios libros e ensaios esta temática.

O libro "Hospital Casa-Asilo de A Guarda(1918-2018), Centenario de una institución benéfica nacida en Puerto Rico" examina máis polo miúdo como foi o proceso de formación dunha xunta organizadora no ano 1918 en Puerto Rico, encargada da obtención dos recursos económicos para a construción dun Hospital na Guarda, dada a necesidade destas instalacións sanitarias na vila e da existencia de moitas familias necesitadas e con poucos recursos, que non tiñan opción dunha atención médica de calidade.

En palabras de J. Miguel Villa, este edificio é "un legado de patrimonio para A Guarda" e un "símbolo da emigración".

Dende o Concello da Guarda convídase a todo aquel que desexe coñecer como foi este fito da historia da nosa vila a que participe nesta presentación este venres ás 20:00h no Centro Cultural da Guarda, ademais contarase cunha sorpresa a cargo dos Quinquilláns.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones