Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

JEANETTE GAÑA O PREMIO Á MELLOR CURTAMETRAXE NO FICIC 2016, EN ARXENTINA

Curta premiada en Arxentina, dirixida por Xurxo Chirro e realizada nunha acción do Proxecto Socheo no IES A Sangriña da Guarda

Curta premiada en Arxentina, dirixida por Xurxo Chirro e realizada nunha acción do Proxecto Socheo no IES A Sangriña da Guarda

Fecha: 11 de Mayo de 2016

Fuente: Proxecto Socheo

Esta curtametraxe dirixida por Xurxo González foi a culminación dunha serie de actividades formativas levadas a cabo polo Proxecto Socheo no IES A Sangriña da GuardaA curtametraxe Jeanette, dirixida por Xurxo Chirro en colaboración cos alumnos do IES da Sangriña da Guarda, acaba de gañar o premio á mellor curtametraxe na competencia internacional do Festival Internacional de Cine Independente de Cosquín, Córdoba, Arxentina.

Esta curtametraxe é a culminación dunha serie de actividades formativas que levou a cabo Proxecto Socheo no IES A Sangriña da Guarda durante o curso 2014-2015. Este programa de formación audiovisual denominouse Socheo Educativo e foi premiado polo Ministerio de Cultura de España polo seu decidido labor de alfabetización audiovisual.

Xurxo Chirro comenta que "está moi contento polo recoñecemento mais o interesante foi a propia realización da curtametraxe xa que contei coa axuda duns rapaces cun inusitado interese e un desbordante entusiasmo por implicarse no proxecto. Parabéns para todos eles!".

Mentres, Beli Martínez, produtora de Proxecto Socheo di con pragmatismo "que bota de menos unha maior implicación e apoio das institucións por que se comproba que co noso método de ensinanza se pode alcanzar con facilidade froitos, que non son outros que xerar unha gran ilusión nos rapaces para comprender e expresarse dunha maneira axeitada e creativa coas ferramentas audiovisuais".

Proxecto Socheo é unha iniciativa compartida que quere localizar, estudar, inventariar e dar a coñecer as imaxes que foron gravadas na Guarda e no Baixo Miño, co obxectivo de salvagardar un patrimonio audiovisual local e proxectalo, sen restricións, cara o mundo.

O Proxecto Socheo segue adiante grazas á axuda de veciños e amigos que, desinteresadamente, ceden as súas gravacións. A maior parte este traballo está dispoñible en Internet, a través dunha canle homónima en Youtube que bordea as 100.000 visitas. Pódense visualizar preto de 400 gravacións desde a década dos anos 20 até a actualidade. Igualmente pódese seguir a súa evolución nas redes sociais.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones