Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

LIBROS E ESPECTÁCULOS NA NOVENA EDICIÓN DA FEIRA DO LIBRO DA GUARDA

Esta terá lugar o vindeiro domingo día 22 durante toda a xornada.

Esta terá lugar o vindeiro domingo día 22 durante toda a xornada.

Fecha: 20 de Mayo de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Para rematar a semana na que se acolleron os diferentes actos en celebración do Día das Letras Galegas, o Concello da Guarda organiza a novena edición da súa Feira do Libro. Esta terá lugar o vindeiro domingo día 22 durante toda a xornada.

Ademais dos postos das librerías, que abrirán á partir das 11 da mañá e nos que se poderán mercar libros cun 20% de desconto, na Prazá do Reló ofreceranse diversos espectáculos e actuacións que farán as delicias de toda a familia.

Pola mañá, ás 12:30 horas dará comezo unha das actividades centrais que será a sesión de contos "Os contos da barriga verde" que corre ó cargo de Fran Rei, cofundador e coordinador de "Os Sete Magníficos máis un", a compañía oficial do Festival Internacional de Clown de Galicia.

Neste novo espectáculo, que ven de presentar na primavera e que chegará o domingo á Guarda, representará o guión que escribiu xunto a Avelino González a partir de tres das obras do escritor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, Manuel María ("Barriga Verde", "Os Soños na Gaiola" e "Aventuras e Desventuras dunha Espiña de toxo chamada Berenguela").
"Os contos da barriga verde" narra a historia de Fiz, un mozo labrego galego que se enfrontará ao Serrador e ao Demo polo amor de Catuxa, para o que contará coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde coa fin de demostrar que non hai nada máis forte que o amor verdadeiro.

Pola tarde será o turno do espectáculo "Falar sen cancelas", no que repite o cómico Fran Rei, desta volta acompañado por Pedro Brandariz e Isabel Risco. Xuntos os tres cómicos ofrecerán unha actuación na que se pon en evidencia a súa compenetración tras 15 anos colaborando sobre os escenarios a través dunha serie de monólogos propios, gags, recursos e xogos de improvisación que fan que cada vez que representan este espectáculo sexa diferente á anterior. "Falar sen cancelas" traerá á Guarda unha gala de humor, maxia e improvisación coa palabra e a lingua como grandes protagonistas.


Tras esta intensa xornada de libros e espectáculos variados a Feira do Libro da Guarda rematará cara as 21 horas da noite co sorteo de libros e o Peche da Feira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones