Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos presentan este sábado no Teatro Municipal -A nena e o grilo máis aló-

Este espectáculo músico teatral vai dirixido a público familiar dende os 3 anos

Este espectáculo músico teatral vai dirixido a público familiar dende os 3 anos

Fecha: 14 de Febrero de 2020

Fuente: Concello de Tui

Un espectáculo musico-teatral é o que chega este sábado ao Teatro Municipal de Tui da man de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos. O público poderá gozar dende ás 18.30 h con "A nena e o grilo máis aló".

Este é a última entrega de "A nena e o grilo" o musical infantil galego que presenta novas aventuras dos seus protagonistas. A nena o grilo, esmagan a súa amiga Xertrude, unha araña, polo que buscarán o xeito de devolvela á vida. Uns artistas ambulantes vannos guiar a través da maxia e da música ao país dos mortos onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta. O resultado é unha historia divertida e evocadora que nos transporta ás buscas máis insólitas... Sobre o escenario estarán Magin Blanco, Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas, Magín Blanco e Cristian Legiero.

Magín Blanco iniciou hai uns anos co álbum "O país das Apertas" o proxecto musical de A Nena e o grilo. Continuou con "A nena e o grilo nun Barquiño" xa coa colaboración de Teatro Ghazafelhos. Pepablo Patiño, o autor desta peza, no texto abre a porta aos soños e a explorar, a traballar sobre a amizade, o medo e a importancia de recoñecer os erros e afrontar os medos.

O espectáculo, cunha duración de 60 minutos, vai dirixido a público infantil e familiar dende os 3 anos.

As entradas están á venda en www.culturatui.info até o sábado ás 12 h e o sábado dende ás 17 h no despacho de billetes aos prezos de 4€ e 3€.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones