Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Maica Larriba leva á Guarda -MAVI: a maleta viaxeira contra a violencia de xénero- para achegar recursos formativos en igualdade e contra a violencia machista á súa veciñanza

Promovida pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a iniciativa enmárcase no programa de actividades arredor do 25N, Día Internacional contra a violencia machista

Promovida pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a iniciativa enmárcase no programa de actividades arredor do 25N, Día Internacional contra a violencia machista

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Noviembre de 2022

Fuente: SubDelegación do Goberno en Pontevedra

  • Tras a boa acollida da primeira maleta, a Subdelegación do Goberno puxo en marcha catro máis

 

  • O Concello da Guarda é o segundo en recibir unha destas novas maletas

 

  • A subdelegada agradeceu a colaboración do municipio e destacou o seu compromiso coa igualdade

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presentou hoxe na Guarda xunto ao seu alcalde, Antonio Lomba, a concelleira de Igualdade, Fátima Rodríguez, a directora do CIM Yolanda Vilaverde e a bibliotecaria, Marisol Diz, o proxecto de sensibilización “Mavi: a maleta viaxeira contra a violencia de xénero”, unha iniciativa promovida pola Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, que trata de achegar, especialmente ás mulleres, unha serie de libros que poden axudar á reflexión, á sensibilización e á concienciación en moitas situacións de vulnerabilidade das propias mulleres.

Tras a boa acollida que tivo a primeira maleta, que se puxo en marcha o ano pasado, a Subdelegación creou catro novas MAVI que viaxarán pola provincia. “A segunda destas novas maletas recala hoxe no Concello da Guarda para achegar libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista ás mulleres e nenas do municipio”, explicou a subdelegada, que agradeceu a colaboración do Goberno local para activar este proxecto e a súa implicación para que chegue á maior parte da poboación, fundamentalmente á da zona rural, que é a que ten máis dificultades para acceder a materiais e campañas desta natureza.

Maica Larriba destacou que “son un total de 78 libros repartidos en cinco maletas que promoven a reflexión, a sensibilización e concienciación sobre temas determinantes para conseguir unha sociedade máis igualitaria e libre de violencias, favorecendo un pensamento crítico ante os estereotipos e roles de xénero que perpetúan estas violencias e desigualdades e que lamentablemente seguimos vendo día a día por parte de grupos que seguen negando a violencia de xénero”.

A estadía inicial de “MAVI” no Concello da Guarda será de tres meses un período que poderá ampliarse en función da demanda. Tras o Grove a A Guarda, “MAVI” continuará a súa viaxe por outros concellos, casas de acollida, asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero, centros de información á muller ou servizos sociais da provincia que soliciten a maleta para traballar coas súas usuarias.  “É unha viaxe sen data de volta”, explicou Larriba, “xa que a idea é que a maleta poida continuar percorrendo a provincia e aumentando ou variando os libros que viaxan nela”.

O alcalde, polo seu lado, agradeceulle á subdelegada esta iniciativa, asegurando que “será moi ben acollida pola veciñanza”. Antonio Lomba manifestou a necesidade de “seguir traballando fronte a violencia machista e a prol de igualdade plena, sendo a literatura unha ferramenta de moito alcance nesta loita de toda a sociedade”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí