Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MAIO GASTRONÓMICO E CULTURAL 2015 NA GUARDA

A distribución e entrega dos bonos realizarase ás persoas que acudan durante o mes de maio ó Museo do Mar, ó Monte Santa Trega e ás Oficinas de Turismo Municipais.

Apostouse de novo por esta campaña na que se mesturan os actos culturais coa gastronomía

Fecha: 09 de Mayo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O Concello da Guarda presentou hoxe as actividades enmarcadas dentro do "Maio Gastronómico e Cultural 2015". No acto, no que estiveron presentes o alcalde do municipio, José Manuel Domínguez Freitas, a Concelleira de Turismo, Monstserrat Magallanes e o Concelleiro de Cultura, Antonio Lomba, apostouse de novo por esta campaña na que se mesturan os actos culturais coa gastronomía.

Unha das promocións máis atractivas para ó público é o reparto de "bonos desconto do 10%" para utilizar nos 20 restaurantes que participan nesta campaña. Estes descontos poderán utilizarse só nas facturas de mesa e para servizos de carta, polo tanto non se realizarán descontos nas tarifas menús ou para facturas que inclúan só servizos de barra. Os bonos non serán acumulables a outras ofertas e promocións.
A distribución e entrega dos bonos realizarase ás persoas que acudan durante o mes de maio ó Museo do Mar, ó Monte Santa Trega e ás Oficinas de Turismo Municipais.

O Concello da Guarda para promover esta actividade editará carteis anunciadoras, lonas promocionais e contratará cuñas publicitarias na radio.

Ademais desta promoción que se desenvolver durante todo o mes, en maio están programadas moitas máis actividades. Así, por exemplo, haberá un encontro de bandas musicais infantís, un torneo de xadrez ou obradoiros de cociña para nenos e un "showcooking" na Praza de Abastos, para os adultos. Durante estas datas continuarán tamén as barrioferencias e se conmemorará o Día Das Letras Galegas, co desfile o sábado día 16, e coa "Feria do Libro" o propio domingo 17 de maio.

O sábado día 16 celebrarase o Día Internacional dos Museos con actividades conmemorativas moi interesantes, tanto no museo de Santa Trega coma no do Mar, e no Castelo de Santa Cruz.


Dende o Concello, esperan que esta programación anime os veciños e veciñas a participar nas actividades da súa vila e a probar os manxares que ofrece o municipio da Guarda. Tamén confían en que os descontos e o cartel tan variado de eventos, axude a que moitos visitantes veñan a Guarda a gozar cultural e gastronomicamente.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones