Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de 100 parellas participarán este domingo no III Trofeo de Baile Deportivo Eurocidade Tui-Valença

III Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade que nesta ocasión celebrarase este domingo de 12.00 a 20.00 horas no novo Pavillón Municipal de Tui.

Como novidade este ano inclúese un -Circuíto Ibérico- para crear unha clasificación propia da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Fecha: 19 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tui

Na mañá do mércores presentouse o III Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade que nesta ocasión celebrarase este domingo de 12.00 a 20.00 horas no novo Pavillón Municipal de Tui. O acto estivo encabezado polo concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, quen valorou positivamente esta proba dentro do calendario de eventos comúns entre Tui e Valença. Amais, estiveron presentes o concelleiro de deportes de Tui, Laureano Alonso, o vereador de deportes de Valença, José Monte, e o director do Trofeo, Miguel Abreu.

Máis de 100 bailaríns participarán nas modalidades standard (vals inglés, tango, vals vienés, slow fox e quickstep), latina (samba, cha-cha, rumba, pasodobre e jive), bailes caribeños (salsa, bachata e merengue) e danza coreográfica (baile deportivo e en grupos).

Cada bailarín participará no grupo de idade (xuvenil, junior, youth, adulto e senior) e categoría (iniciación -H,G,F-, territorial -1ª e 2ª-, C, B, "A" nacional e "A" internacional).

Como novidade, e co obxectivo de potenciar as competicións e a creación dunha clasificación común entre Galicia e o Norte de Portugal creouse un "Circuíto Ibérico" no que participarán máis de 80 bailaríns de Galicia e Portugal.

Tratase polo tanto dun evento "espectacular" nas palabras do seu director, Miguel Abreu, quen ademais lembrou que o baile deportivo "é un deporte regulado por unha federación propia e firme candidato a estar nos Xogos Olímpicos nun futuro".

Pola súa parte, o concelleiro de Deportes tudense, Laureano Alonso, sinalou a oportunidade de que o certame congregue a visitantes en ámbalas dúas cidades e o vereador de deportes de Valença, Jose Monte, destacou o carácter internacional e transversal da proba.

O prezo xeral da entrada será de 6€, namentres que os menores de 12 anos teñen acceso de balde e os maiores de 65 pagarán 4€. O III Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença está organizado polo Club de Baile Deportivo Pasos - BaileGalicia en colaboración coa Eurocidade.


III Torneo de Baile Deportivo Eurocidade Tui - Valença
Data: Domingo, 20 de novembro.
Hora: 12:00 a 20:00 horas.
Lugar: Novo Pavillón de Tui.
Entrada: 6€ (4€ +65 anos, de balde para menores de 12 anos).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones