Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 40 PINTORES PARTICIPAN NA TERCEIRA EDICIÓN DO CERTAME DE PINTURA AO AIRE LIBRE ANTONIO FERNÁNDEZ

Goián volveu ser retratado por pintores achegados de todas partes da península.

Goián volveu ser retratado por pintores achegados de todas partes da península.

Fecha: 17 de Agosto de 2015

Fuente: www.concellotomino.com

O Concello de Tomiño celebrou na xornada do Domingo a terceira edición do Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández.

O mal tempo non conseguiu estragar o traballo de máis de 40 pintores procedentes de todos os rincóns de España e Portugal. Goián volveu ser o centro de atención dos pinceis dos pintores e pintoras que participaron neste certame de pintura ao aire libre.

Nesta terceira edición aos participantes habituais sumáronselle novos asistentes que veñen a confirmar a consolidación deste certame.

Os participantes atopáronse nesta edición con varias novidades como a posibilidade de poder inscribirse de forma presencial no mesmo día do certame, da incorporación de novos premios ou mesmo do adianto da hora de entrega das obras pictóricas o que facilita o desprazamentos dos participantes foráneos.

A xornada comezou co selado das obras de 09h30 a 11h00 na Aula Museo Antonio Fernández e coa visita a esta sala de exposicións do coñecido pintor que dá nome ao certame. A entrega de obras fixose para ás 17h00, sendo a exposición ao público de 17h00 a 18h30. As 18h30 dictouse o fallo do xurado e entrega de premios.

Os premiados foron:
1º Premio con 1.000€ para Raúl Gil Burés
2º Premio con 500€ para Lolo Serantes
3º Premio con 300€ para Juan Carlos Triñanes Buceta
4º Premio con 200€ para Samuel Fernández Armas
Os primeiro, terceiro e cuarto premio son financiados polo Concello de Tomiño e o segundo con cargo ao orzamento da Comunidade de Montes de Goián.

A Concelleira de Cultura, Cristina Martínez, resalta "a importancia de celebrar este tipo de encontros culturais, e sobretodo nestes tempos difíciles nos que a cultura tense visto afectado de especial xeito". Segundo Martínez "as institucións públicas debemos apoiar e fomentar os encontros culturais como este certame que ademáis día a día se ve consolidado no panorama artístico galego".

A Alcaldesa de Tomiño pola súa parte, destacou "a calidade das obras así como o alto número de participantes". Sandra González "agradeceu o traballo de todos os pintores e pintores, moitos deles vidos de lonxe, e ao xurado por colaborar desinteresadamente para que un ano máis o certame fora un encontro de pintura rápida"
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones