Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE 400 ESCOLARES CELEBRAN O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO GOZANDO DUNHA OBRA DE TEATRO E DESCUBRINDO A BIBLIOTECA MUNICIPAL

Con estas dúas iniciativas, o Concello da Guarda, quixo conmemorar dunha maneira diferente esta data tan sinalada.

Con estas dúas iniciativas, o Concello da Guarda, quixo conmemorar dunha maneira diferente esta data tan sinalada.

Fecha: 24 de Abril de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O Concello da Guarda convidou a 450 nenos e nenas de centros escolares da localidade a celebrar o Día Internacional do Libro gozando dunha obra de teatro e visitando a biblioteca municipal, situada no Centro Cultural.

Os alumnos de Educación Primaria tiveron a oportunidade de desfrutar cunha representación teatral baseada no conto de Hans Christian Anderse: "O parrulo feo". A compañía de teatro infantil "Caramuxo teatro" ofreceu os rapaces e rapazas unha versión desta coñecida obra que os fixo rir os alumnos, e tamén ós mestres, durante toda a actuación. A través da historia de un fabricante de parrulos de goma amarelos, os actores, conseguiron facer reflexionar, en clave de humor, sobre as diferenzas entre as persoas e a diversidade cultural.
Desta obra houbo dos quendas, a primeira delas ás 10,30 horas e a segunda ás 12 horas. A representación tivo unha duración aproximada de 45 minutos.

Pola súa banda, os alumnos e alumnas de Educación Infantil,.conmemoraron o Día Internacional do Libro, cunha visita á Biblioteca Municipal. A bibliotecaria, María Soledad Diz, ensinoulles ós cativos onde estaban colocados os diferentes exemplares e tamén a maneira de facerse socios da biblioteca. Entre outras moitas cousas, os nenos estiveron moi interesados en ver de cerca un exemplar do libro "El Quijote".
Tras a explicación, e despois de que Diz recitase á escritora Gloria Fuertes na frase "Os invito a jugar a leer", os nenos e nenas tiveron a oportunidade de coller nas súas mans o libro que máis lle gustase e desfrutar lendo.

Con estas dúas iniciativas, o Concello da Guarda, quixo conmemorar dunha maneira diferente esta data tan sinalada. O obxectivo das actividades era ofrecer unha alternativa máis dinámica e entretida para que os escolares celebren o Día do Libro. No caso da visita á biblioteca dos nenos e nenas máis pequenos, buscábase introducir este espazo nas súas vidas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones