Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis de medio cento de persoas percorren as fortalezas de Goián (Tomiño) e Vilanova nunha nova andaina de Rutas de Historia

O xornalista coordinador da web www.historiadegalicia.gal e profesor na USC, Xurxo Salgado, foi o guía nesta andaina histórica.

Varias entidades de defensa do patrimonio colaboran nesta iniciativa impulsada por www.rutasdehistoria.com

Fecha: 09 de Octubre de 2017

Fuente: Historia de Galicia

Hai máis de 350 anos, galegos e portugueses sementaron a fronteira común de fortíns, atalaias e fortalezas durante unha guerra que duraría case 30 anos, de 1640 a 1668. É a coñecida como Guerra da Restaruraçao no país veciño. Unha guerra que se sumou a outras que a monarquía española mantiña con Francia, Inglaterra e Holanda e que tivo na Guerra dels Segadors, de Cataluña, a escusa que Portugal levaba tempo buscando para conseguir, de novo, a súa independencia.

 

Esa guerra tivo unha fronte principal en Extremadura e unha secundaria, aberta pola Corte Española e por nobres portugueses de Lisboa, en Galicia e o norte de Portugal. Unha fronte que foi rexeitada, desde un comezo, pola Junta do Reino de Galicia e tamén polos nobres portugueses e vilas que estaban na fronteira e que levaban séculos de convivencia. Pero iso non impediu que se semantara de fortificacións, morte e destrución un e outro lado da raia. Un feito ao que contribuíu a que moitos dos soldados dun e doutro exército foran mercenarios estranxeiros.

 

E, precisamente, parte dese importante anaco da historia do Baixo Miño --o complexo fortificado de Goián-Vilanova da Cerveira, con dez fortalezas, fortíns e atalaias-- foi visitado este sábado na cuarta andaina de www.rutasdehistoria.com. Este proxecto está impulsado polo portal web www.historiadegalicia.gal, e consiste na realización de roteiros históricas por toda Galicia para concienciar á sociedade galega da importancia que ten a súa historia e o seu patrimonio.

 

Preto de 60 persoas participaron nesta andaina que tivo lugar o sábado entre Goián (Tomiño) e a localidade portuguesa de Vilanova da Cerveira e que levaba por título "ando Galicia e Portugal deixaron de quererse. As guerras do século XVII". Durante o roteiro visitouse parte dese sistema defensivo construído nos dous lados da fronteira e que se compón de seis fortalezas na zona galega, todas elas situadas no concello de Tomiño: Fortaleza da nosa Señora da Concepción, Forte de San Lorenzo, Forte das Chagas, Torre dos Correa e Torre dos Ratos (os cinco no lugar de Goián) e o Castelo de Medos (no lugar de Estás); e catro na parte portuguesa: a Praça Forte de Vilanova de Cerveira, o Castelinho (Vilanova), a Atalaia do Espírito Santo e o Forte de Lovelhe.

 

Este roteiro estivo guiado polo xornalista e coordinador do portal www.historiadegalicia.gal, Xurxo Salgado, que é natural de Tomiño.  "O Baixo Miño atesoura unha riqueza patrimonial impresionante. Todo este conxunto de fortalezas, fortes e atalais podería ser un importasnte foco de atracción turística se se puxeran en valor", asegura o tamén profesor de Xornalismo na USC.  Actualmente, e segundo contabilizou a arqueóloga e investigadora do CSIC Rebeca Blanco-Rotea, o complexo defensivo dunha e doutra beira da fronteira, entre A Guarda e Crecente, está composto por máis de 50 estruturas defensivas, algunhas construídas no século XVII e outras de orixe medieval e reforzadas durante esa época.

 

O PROXECTO

 

Na realización destas andainas, que están coordinadas polo portal www.historiadegalicia.gal e que contan co soporte de Abanca, colaboran representantes de importantes entidades de defensa do patrimonio como Mariña Patrimonio, Patrimonio Galego, Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Colectivo Capitán Gosende ou a Asociación de Amigos do Parque do Pasatempo.

 

Así, entre os guías destas andainas están Manuel Miranda, presidente de Mariña Patrimonio; Miguel Losada, secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA); Carlos Solla, investigador e impulsor do colectivo Capitán Gosende; Manuel Gago, director de Cultura Galega e investigador; Jose Souto e Angel Arcay, impulsores da Asociación Amigos do Parque do Pasatempo ou Elixio Vieites, investigador e membro de Patrimonio Galego.

 

ANDAINAS

 

Ata o momento realizáronse, co de Tomiño, catro dos sete roteiros previstos: O Monte Seixo, a Montaña Máxica de Galicia; Polos dominios da Loba Branca: mámoas, petróglifos e castelos na Serra do Barbanza; As loitas entre a nobreza e a Igrexa na Idade Media. As batallas de Ponte Maceira. Quedan o 14 de outubro ‘Na procura da gran sauna castrexa do Castelón da Fonsagrada', o 21 de outubro ‘Tra-las pegadas de Excálibur e os primeiros reis' e o 28 de outubro ‘Os irmáns Naveira e Juan Etcheberry, os homes que fixeron Betanzos'.

 

Podes coñecer todo o contido dos roteiros na web: www.rutasdehistoria.com

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones