Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

MÁIS DE MIL ESCOLARES PARTICIPARON NAS VISITAS E NOS TALLERES DE ?EDUCASTRO- NO MONTE SANTA TREGA

A actividade que está financiada polo Padroado Municipal do Monte Santa Trega, Ministerio de Cultura e a Consejería de Cultura do Principado de Asturias, foi un total éxito entre os escolares e tamén entre os profesores.

A actividade que está financiada polo Padroado Municipal do Monte Santa Trega, Ministerio de Cultura e a Consejería de Cultura do Principado de Asturias, foi un total éxito entre os escolares e tamén entre os profesores.

Fecha: 06 de Mayo de 2015

Fuente: www.aguarda.es

O proxecto "EduCastro", que se desenvolveu no Monte Santa Trega durante o mes de abril acercou a máis de mil nenos e nenas do Concello da Guarda, O Rosal e Oia, á cultura castrexa. O obxectivo deste programa educativo era mostrar os rapaces e rapazas os modos de vida na Idade do Ferro a través dunha visita guiada o Castro Santa Trega e participando en obradoiros didácticos.

A actividade que está financiada polo Padroado Municipal do Monte Santa Trega, Ministerio de Cultura e a Consejería de Cultura do Principado de Asturias, foi un total éxito entre os escolares e tamén entre os profesores.

Segundo valoran os monitores da actividade, o que máis lles gustou, tanto os nenos coma ós docentes, foron os obradoiros nos que había actividades grupais e tamén manuais. Así, afirman que ós escolares desfrutaron recreando os debuxos castrexos nunha táboa con area no obradoiro "Símbolos do pasado" e diferentes pezas de cerámica na actividade "A muller e a cerámica na Idade do Ferro". Os instrutores confirman que o que máis lles gustou ós nenos e nenas foi poder levar as súas casas os traballos feitos nos obradoiros e enxeñarllos ás súas familias.

Pola súa banda, os alumnos de Secundaria traballaron na actividade "Cazadora na Prehistoria", na que a través de réplicas de ferramentas usadas polos habitantes da Idade do Ferro, coñeceron a forma de facer destes poboadores.

Tras as visitas, que sucedéronse durante todo o mes de abril e simultaneamente no Castro de Santa Trega na Guarda, e en Asturias e Castela León, os monitores afirman que é unha actividade "para repetir".

Agora, tanto os participantes neste programa, como outras persoas interesadas na cultura castrexa, poden obter información na aplicación para teléfonos móbiles e tablets creada polo proxecto e que ten o mesmo nome "Educastro". Alí, ademais de ler datos sobre a vida dos poboadores castrexos e das súas formas de vida, tamén poderán divertirse a través de tres minixogos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones