Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Máis troula, deporte e cultura amenizarán a primeira fin de semana de Agosto na Guarda

Esta fin de semana será a primeira do mes de agosto, un mes moi importante para á Guarda, pois nel se celebra a festa por excelencia da vila: as Festas do Monte.

Esta fin de semana será a primeira do mes de agosto, un mes moi importante para á Guarda, pois nel se celebra a festa por excelencia da vila: as Festas do Monte.

Fecha: 06 de Agosto de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

Esta fin de semana será a primeira do mes de agosto, un mes moi importante para á Guarda, pois nel se celebra a festa por excelencia da vila: as Festas do Monte . Para dar a benvida a este mes como se merece, este sábado e domingo A Guarda ofrecerá todo tipo de actividades de lecer, deportivas e culturais para desfrutar do tempo libre.

Unha das actividades máis destacadas é a que acollerá o sábado día 6 a Atalaia do Porto da Guarda: a II edición do Galifornia Beat. Este evento multideportivo e multicultural está a acadar unha gran sona no seu curto tempo de vida, tras o gran recibimento da súa primeira edición. Dende as 10 horas da mañá e ata a medianoite cítanse tres vertentes do skate, diferentes demostracións de deportes minoritarios como a escalada ou o hockey e o gran atractivo da xornada: o flyboard, unha actividade que permite ós que a practican "voar" sobre o mar grazas a un dispositivo que bota chorros de auga a propulsión. Poderá practicarse durante todo o día, con reserva de prazas, pois son limitadas. Outro dos atractivos desta edición é o Workshop de breakdance impartido por Bboy Kawa, responsable da batalla de breakdance do Marisquiño. Este Workshop darase entre as 17 e 19 horas e os que o desexen poden inscribirse no Facebook de Galifornia.

A outra gran cita da fin de semana na Guarda é coas Festas de San Cayetano, que terán lugar no Barrio da Cruzada. Nesta celebración a Comisión de Festas de San Cayetano ofrecerá un diverso entretemento durante os días 5, 6 e 7 de agosto. O venres 5 comeza a celebración collendo forzas para os tres días de troula cunha sardiñada a partir das 21 horas. O sábado destaca a verbena que haberá a partir das 22,30 horas coas orquestras CONDOR e CALIFORNIA. E o domingo día 7 ás 11,30 da mañá ten lugar a Misa e xa pola tardiña, ás 19 horas, as tradicionais puxas.

Ademais durante toda a fin de semana poden visitar dúas destacadas exposicións fotográficas. Na Casa dos Alonsos continúa aberta ao público a mostra "Camiños da Imaxe" na que se pode ver a obra fotográfica e os filmes familiares do fotógrafo guardés Joaquín García Portela, máis coñecido como "Costiña". Estará dispoñible para o público ata o 15 de agosto. Para visitala o horario de apertura de martes a sábados é de 12 a 14 horas pola mañá e de 19 a 22 horas pola tarde. Os domingos e festivos será de mañá, entre as 12 e as 14 horas.

A segunda das exposicións que se poden visitar é "Un mar de emocións", no Centro Cultural da Guarda, ata o 20 de agosto. Esta mostra reúne unha mirada ao mar de 19 autores e o horario é de luns a sábado de 10:30h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h, e os domingos de 19:00h a 22:00h.

Así o deporte, a cultura e o lecer volven a ter a súa cabida unha fin de semana máis na Guarda, onde os visitantes, veciños e veciñas tamén poderán desfrutar do bo tempo descansando nas súas numerosas praias e admirando as fermosas paisaxes da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones