Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Mar expón a información pública os plan de usos do Porto de A Guarda e das instalacións do Pasaxe

Estes documentos recollen o ordenamento do solo e a distribución das actividades que se desenvolven no dominio público portuario.

Estes documentos recollen o ordenamento do solo e a distribución das actividades que se desenvolven no dominio público portuario.

Fecha: 15 de Noviembre de 2016

Fuente: Portos de Galicia

Entre estes usos establécense os correspondentes á actividade profesional, náutico recreativa, complementaria, incluíndo neste as actividades loxísticas de almacenaxe ou reparación e as que corresponden a empresas industriais ou comerciais; e finalmente uso para infraestruturas básicas do porto.

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, vén de someter a información pública a de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) dos portos de Panxón (Nigrán), Cangas, Bueu, A Guarda e tamén os das instalacións do Pasaxe no termo municipal de A Guarda e o de Beluso en Bueu. Estes documentos, que poden consultarse na sección de DEUP en trámite do portal de Portos de Galicia, recollen o ordenamento do solo e a distribución das actividades que se desenvolven no dominio público portuario.

Os documentos, que incorporan todos os estudios preceptivos, foron elaborados polo propio ente público cunha dobre finalidade. Por unha parte, definir a delimitación interior e exterior do dominio portuario e, por outra banda, asignar os usos correspondentes a cada unha das diferentes zonas do porto. Entre estes usos establécense os correspondentes á actividade profesional, náutico recreativa, complementaria, incluíndo neste as actividades loxísticas de almacenaxe ou reparación e as que corresponden a empresas industriais ou comerciais; e finalmente uso para infraestruturas básicas do porto.

Portos de Galicia está a impulsar, como liña de traballo estratéxica, a redacción e tramitación destes documentos que permiten o desenvolvemento portuario ordenado.

A Delimitación de Espazos e Usos Portuarios é unha actuación encamiñada a mellorar a relación entre os portos e as vilas que os acollen, unha das liñas de traballo permanente de Portos de Galicia. Deste xeito, o ente público avanza na cohesión entre o tecido urbano e as infraestruturas portuarias, de modo que poidan beneficiar non só aos usuarios directos, senón tamén ao conxunto da cidadanía. Así mesmo, establece unha planificación e zonificación das diferentes actividades que conviven no peirao, a medio e longo prazo.

Resolución do 17 de outubro de 2016 pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios do porto da Guarda e da instalación portuaria da Pasaxe

O DOG nº 210, de venres 4 de novembro de 2016, publica a apertura de información pública correspondente aos procesos de delimitación de espazos e usos portuarios do Porto da Guarda e da instalación portuaria da Pasaxe.

Información adicional:

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones