Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Marga do Val amosará a dimensión literaria de Tui nun roteiro que percorrerá diversos puntos do concello

A fronteira e a memoria histórica terán protagonismo nun percorrido que partirá do Campo dos Mártires de Sobredo

Este é o penúltimo dos sete roteiros que oferta a Deputación, en colaboración coa AELG, co obxecto de dar a coñecer espazos literarios da nosa provincia

Fecha: 29 de Septiembre de 2018

Fuente: Concello de Tui

-Tui na literatura- é o título escollido por Marga do Val para o roteiro literario que mañá guiará por diversos puntos de Tui. Este roteiro, que é o penúltimo dos sete que organiza este ano o departamento de Cultura e Lingua da Deputación en colaboración coa Asociación de escritoras e escritores en lingua galega, partirá ás 11:30 horas do Campo dos Mártires de Sobredo. Precisamente o punto de partida foi escollido pola escritora por "ser o lugar onde floreceu a rosa da dignidade durante as loitas agrarias, lugar de memoria viva, poetizado desde Ramón Cabanillas".

Marga do Val explica que deseñou o roteiro para "ofrecer a miña visión como lectora, como moradora da cidade, e como escritora". "Chegaremos á cidade de Tui", engade "e percorrendo as súas rúas, acompañarannos as voces de quen viaxaba e cruzaba a fronteira, de quen ía de paso, voces de quen como Syra Alonso, dixo adeus a moito máis ca unha paisaxe, as voces e lembranzas da familia Álvarez Blázquez, desde a súa casa, as denuncias de mulleres como Josefa García Segret desde o cárcere".

O roteiro tamén percorrerá os espazos literarios e históricos ligados "ao Tui do 36, o das mulleres do anel, que habitan as páxinas da Cidade sen roupa ao sol, dos homes das valixas". Marga do Val adianta ademais que "falaremos de Golparro, de Vesteiro Torres, do XIX, e tamén do XX e do século actual, en que revive, Rosendo Salvado".

Hai que lembrar que estes paseos literarios están concibidos para, en palabras do deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, "poñer en valor os espazos nos que transcorren as obras, para que a literatura na nosa lingua teña vida máis aló dos libros e que se relacione a historia co lugar onde transcorre". Neste sentido, Marga do Val anuncia que lle ofrecerá ás persoas participantes no paseo "unha cidade literaria viva como o río sen o que non somos nada, unha cidade que ten Valença preto e lonxe".
Despois do roteiro que este sábado guiará Marga do Val por Tui, xa só quedará unha oportunidade para participar nunha destas experiencias: será o sábado 6 de outubro, día no que Lucía Novas guiará o percorrido dedicado a Johan Carballeira por Bueu.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones